A Seguridade Social rexistra en agosto un aumento de afiliados, do 0,90 % en Ourense, do 0,71 % en Galicia e do 0,04 % no total nacional.




O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse en 18.792.376 persoas en agosto, o que representa un aumento de 6.822 cotizantes respecto a a media de xullo (un 0,04 % máis). Crece en concreto este mes a afiliación entre as mulleres, que suman 10.802 afiliadas. O conxunto de afiliados homes, pola súa banda, resta 3.980.

É o cuarto mes consecutivo en que o sistema suma ocupados despois do impacto da pandemia da COVID-19, dato especialmente relevante se se ten en conta que é a primeira subida media nun mes de agosto na serie que recolle estes datos (desde 2001). En 2019, por exemplo, contabilizáronse 212.984 afiliados menos.

Ademais, desde o mes de abril, o número medio mensual de afiliados creceu en 333.709 persoas.

En termos  desestacionalizados, e corrixido o efecto calendario, o sistema rexistrou 232.664 afiliados máis, un incremento do 1,25%, ata os 18.796.954. É o maior aumento da serie.

Respecto a xullo

En agosto, o número medio de afiliados rexistrou un aumento de 6.822 ocupados con respecto á media de xullo (0,04%). A afiliación continúa a recuperación que se iniciou en maio tras os peores meses da pandemia pola COVID-19. En marzo rexistrábase un retroceso de 243.469 persoas afiliadas de media e en abril, de 548.093.

O mes pasado creceu a afiliación mensual no Réxime Xeral ata os 15.462.464 ocupados (0,04% máis), cun incremento de 6.546 afiliados. Sen os sistemas especiais Agrario, que restou 4.247 afiliados, e do Hogar, con 557 menos, o Réxime Xeral sumou 11.350 ocupados en agosto, ata os 14.397.137 traballadores.

No Réxime Xeral os sectores que máis afiliados sumaron foron Actividades Sanitarias e de Servizos Sociais, con 31.795 afiliados máis, Hostalería, con 24.536 e Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares, con 12.282.

En sentido contrario, a baixada máis acusada correspondeu ao sector da Educación que perdeu 34.147 afiliados, seguido de Actividades Artísticas, Recreativas e de Entretemento (-8.690), Construción (-7.355) e Industria Manufactureira (-7.240).

O Réxime de Autónomos contou con 3.263.160 afiliados medios, tras un aumento de 402 (0,01%) e o Réxime do Mar rexistrou 65.561 ocupados, 115 menos que en xullo (-0,18%). Finalmente, o Carbón situouse en 1.191 afiliados medios (-11).

Respecto a 2019

Nos últimos 12 meses, o Sistema perdeu 527.851 afiliados (un -2,73%), un descenso interanual que mellora os datos de xullo, que rexistrou unha perda interanual de 747.656 ocupados, e aínda máis os do mes de xuño, o momento de maior caída da afiliación anual e no que se chegaron a restar 893.360 afiliados respecto ao mesmo mes de 2019.

O Réxime Xeral rexistrou 525.165 menos afiliados que en agosto de 2019, (-3,28%). Neste conxunto, integráronse os 12.261 ocupados que restou o Sistema Especial Agrario e os 24.115 do Sistema Especial de Empregados Hogar.

O Réxime Especial de Traballadores Autónomos, pola súa banda, contabilizou 1.609 persoas máis que hai un ano (0,05%). O Réxime do Mar, con todo, diminuíu en 4.134 ocupados (-5,93%) e o Carbón decreceu en 160, o que supuxo unha diminución do 11,86%.

Balance a último día de mes

O número de persoas afiliadas á Seguridade Social a día 31 foi de 18.591.306, o que supón 82.541 ocupados menos desde o inicio de agosto. Cabe sinalar que o efecto do final de mes  distorsiona o resultado. Sen contar o dato do 31 de agosto, no que se deron de baixa 211.566 ocupados, desde o inicio do mes sumáronse 129.025 afiliados.

Galicia:


O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado agosto en 1.012.794 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 7.126 persoas afiliadas respecto ao mes anterior ( 0,71 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou un descenso de 24.106  ocupados, (-2,32 %) 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou agosto con 783.577 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 208.584 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 20.633 afiliados medios.

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado agosto en 102.580 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 913 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,90 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un descenso de 2.076 ocupados (-1,98 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou agosto con 79.184 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.396 afiliados medios. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

 


Con la tecnología de Blogger.