Vendo a nova estación ferroviaria de alta velocidade de Sanabria, da LAV a Galicia
Unha estación que
se sitúa na localidade de Otero
de Sanabria, no termo municipal de Palacios de
Sanabria, e cuxo acceso se realizará a través dun novo viario de conexión
coa estrada nacional N-525, que á súa vez enlaza coa autovía das Rías
Baixas (A-52).
Un contrato, por importe ascende a 4.009.940 euros (IVE incluído), que foi adxudicado por Adif alta Velocidade á UTE COPISA- EASA.
Así o publicaba no meu Blog.
http://www.celsodelgado.gal/2019/02/viaxei-onte-por-estrada-madrid-e-no.html
Visitei este mesmo lugar o 4 de xaneiro de
2019 como din tamén conta neste blog
Puiden comprobar que había unha intensa actividade de operarios que ultimaban actuacións no edificio, na pasarela, nas plataformas e nos aparcamentos.
Esperamos co maior interese que neste mes de setembro a AESF autorice que os trens S-730 do servizo Alvia de Galicia a Madrid, e viceversa, o novo tramo de Zamora a Pedralba de la Pradería, onde mediante o cambiador de anchos de Lobeznos as unidades seguirán pola vía convencional.