O Grupo Popular acorda propoñer que Miguel Santalices sexa o Presidente do Parlamento e designa a Pedro Puy como portavoz

Esta mañá con carácter previo á sesión constitutiva do Parlamento de Galicia de hoxe o Grupo Popular acordou propoñer que Miguel Santalices Vieira sexa o Presidente do Parlamento de Galicia e designou a Pedro Puy Fraga como portavoz do Grupo Parlamentario.

Ademais, o Grupo Popular acordou propoñer a Diego Calvo Pouso como vicepresidente do Parlamento de Galicia e Corina Porro Martínez como secretaria primeira da Mesa do Parlamento.

Ademais de Alberto Núñez Feijóo, como Presidente; e de Pedro Puy, como portavoz; o organigrama directivo do Grupo Parlamentario Popular completarase con tres viceportavocías: o actual secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado; e as deputadas Elena Candia e Paula Prado.

 A todos eles os meus parabéns.

Con la tecnología de Blogger.