Constituido o Parlamento de Galicia da XI Lexislatura

Parlamento de Galicia celebrou esta mañá a sesión constitutiva da XI Lexislatura da Cámara. O acto comezou coa constitución da Mesa da Idade, a elección da Mesa da Cámara para a Lexislatura que comeza e a prestación e promesa ou xuramento, por parte de todos os deputados e deputadas, de acatar e gardar fidelidade á Constitución Española e ao Estatuto de Autonomía de Galicia. 

A composición da Mesa do Parlamento de Galicia é a seguinte:
 
Presidencia:  Miguel Ángel Santalices Vieira
Vicepresidencia 1ª: Diego Calvo Pouso
Vicepresidencia 2ª: María Monserrat Prado Cores
Secretaría:  María Corina Porro Martínez
Vicesecretaría:  Marina Ortega Otero
 
Cara o final do Pleno, o presidente da Cámara agradeceu, nunha breve intervención, a súa reelección para presidir a Cámara e xustificou as medidas implantadas no Hemiciclo para a prevención da covid-19, ao tempo que trasladan á sociedade a necesidade de cumprir a normativa e respectar as recomendacións sanitarias neste ámbito.
 
Desde a súa experiencia, Santalices Vieira recomendou a deputadas e deputados articular discursos parlamentarios “que teñan contido e argumentación sólida”,  sen estridencias, “desde as discrepancias lóxicas, pero mantendo a dignidade da Cámara”,  Amosouse convencido de que a lexislatura que comeza será “a d as persoas” e  fixo votos por estar á altura da confianza recibida, tanto él como o resto de deputadas e deputados.
 
Antes de rematar a sesión, o Pleno da Cámara gardou un minuto de silencio en memoria das vítimas da covid-19 e escoitouse o himno galego.

Parabéns a todos os deputados e moito éxito na sua relevante tarea de representación.
Con la tecnología de Blogger.