No cambiador de ancho de Taboadela, na LAV Madrid-Galicia
O pasado 28 de novembro comprobaba o estado das obras de construción do cambiador de ancho de Taboadela que foran adxudicados en novembro de 2018 por un importe de 5.131.669,87 euros (IVE incluído) á empresa Acciona Construción. Contrato que incluía a montaxe de vía no ramal de conexión entre a LAV Madrid-Galicia e a liña convencional Zamora-Ourense, así como os traballos de reordenación da praia de vías na estación de Taboadela.
Una solución que permitirá a conexión da LAV Madrid-Galicia, ao final do
tramo Ponte Ambía-Taboadela, coa liña convencional Zamora-Ourense, para
favorecer a continuidade das circulacións ata esta cidade mentres se tramita e
constrúe a denominada Variante Exterior.
Onte pola tarde volvo ao lugar e vexo como están rematadas as obras antes citadas.
O foso no que se coloca o cambiador, queda no interior dunha nave metálica.
Hai tamén dous fosos de observación situados nos extremos do conxunto. E o cambiador incorpora unha zona para instalacións, situada nunha laxa armada con cinco módulos que albergan os distintos equipamentos.
Estas fotos reflicten o que vin onte e constato un gran avance sobre o visto o pasado 28 de novembro de 2019.