Visito onte pola tarde algúns puntos polos que discorre o corredor ferroviario de 16 km entre Taboadela e Ourense, para ver a situación das superestrutura e o estado das obras complementarias contratadas por ADIF -AV/AV á UTE formada por Civis Global e Construcións Taboada e Ramos.
Estas obras forman parte do proxecto de implantación do ancho mixto no tramo, que permitirá a circulación entre Taboadela e a entrada na estación de Ourense tanto dos futuros tráficos en ancho internacional da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia como dos tráficos que actualmente soporta en ancho ibérico, tanto de viaxeiros como de mercadorías.
O contrato contempla inclúe entre outros os seguintes traballos:
- Reposición de 3 pasos superiores no tramo (demolición dos existentes e construción de 3 estruturas novas).
- Implantación das medidas de protección acústica.
- Instalacións de protección civil (iluminación e sinalización) nos 4 túneles existentes no tramo.
- Cerramento da liña.
Vi o paso elevado xa construído en Castroverde para manter a conexión entre a estrada que vai de Taboadela a San Cibrao coa canteira de áridos que se atopa nas súas inmediacións. Así como outro que está en plena construción e que xunto ao anterior substitúen aos demolidos.
Fixen estas fotos.
![]() |
Novo paso elevado en Castroverde |
![]() |
Paso elevado en construción en Castroverde |

![]() |
Vías en Seixalbo |
![]() |
Entrada á estación de Taboadela |
![]() |
Tercer fío |