Na Ponte pedindo o voto dos galegos para que Galicia teña unha Xunta unida e que goberne para todos


Cun mitín as 21:00 pechamos na Ponte a campaña electoral do Partido Popular na que abondou a presentación de propostas e non as descualificacións nin as batallas partidistas. 

Pediron os intervintes, Mario Guede, Alberto Fraguas, Noelia o voto coa seguridade de que no PPdeG haberá un equipo sólido e con experiencia, dirixido por Feijóo traballando desde o mesmo luns.

Sinalaron que hai máis razóns para ir votar pola estabilidade da nosa Comunidade que hai catro anos, porque o multipartito é maior que entón. 

Defenderon o entendemento ante os enfrontamentos; a moderación fronte ás posicións intransixentes; e a unidade fronte ás divisións.









Con la tecnología de Blogger.