viernes, 10 de julio de 2020

Adxudicadas as obras de mellora do firme en duas estradas autonómicas de Valdeorras, no acceso ás canteiras de lousa

Coñecemos hoxe que a Xunta vén de adxudicar as obras de mellora do firme nas estradas autonómicas OU-122 e OU-123, en Carballeda de Valdeorrasno acceso ás canteiras de lousa.


Esta actuación, adxudicada á empresa Aglomerados y Construcciones Valdeorras S.A por un importe de máis de 855.000 euros, terá un prazo de execución de 6 meses.

A intervención comprenderá melloras na capa de rodadura na estrada OU-122, desde o punto quilométrico 16+400 ata o final, na fronteira coa provincia de León, no 26+260; e na estrada OU-123 ao completo, desde a mesma OU-122 a Casaio. 

O obxectivo é o acondicionamento dos treitos que soportan o tráfico de vehículos de grande tonelaxe que acceden ás canteiras.

Os traballos prevén actuar en todo o ancho da plataforma das dúas estradas e consisten na mellora do estado dos firmes, na limpeza de gabias e no reperfilado de noiros.

As obras incluirán o repintado da sinalización horizontal e areposición da sinalización vertical e balizamento.