jueves, 23 de julio de 2020

ADIF-AV somete a información pública, a efectos de expropiacións tres proxectos da variante exterior de Ourense

Publica hoxe o Boletín Oficial do Estado tres anuncios de ADIF-Alta Velocidade polos que se somete a información pública, a efectos de expropiacións: 

- O "Proxecto de Construción de Plataforma de Integración urbana e Acondicionamento da Rede Ferroviaria de Ourense. Tramo: Túnel de  Rante - Conexión  Seixalbo. Expediente  n.º 3.19/20830.0164 -  ACO 3819".

https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-B-2020-23425

- O "Proxecto de Construción de Plataforma de Integración urbana e Acondicionamento da Rede Ferroviaria de Ourense. Tramo: Conexión  Seixalbo -  Seixalbo. Expediente  n.º 3.19/20830.0164.

https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-B-2020-23426

- O "Proxecto de Construción de Plataforma de Integración urbana e Acondicionamento da Rede Ferroviaria de Ourense. Tramo: Taboadela – Túnel de  Rante. Expediente Nº 3.19/20830.0164 –  ACO.

https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-B-2020-23427

En cumprimento dos artigos 18 e 19.1 da Lei de Expropiación Forzosa, do 16 de decembro de 1954, e artigos concordantes do seu Regulamento (Decreto do 26 de abril de 1957), ábrese un período de información pública de quince días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación destes anuncios, sobre a relación de bens e dereitos afectados pola execución das obras definidas no proxecto de referencia, co obxecto de que calquera persoa poida achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación que se publica neste anuncio ou opoñerse, por razóns de fondo ou forma, á necesidade de ocupación.

A miña valoración destes anuncios:

Celebro que por fin cheguen estos anuncios de información ao público, aos efectos expropiatorios, da relación de bens e dereitos afectados pola execución das obras destes tres tramos. E vemos que a nosa insistencia reivindicativa da variante exterior deu os seus froitos.

Compre lembrar a nosa insistencia reivindicativa da variante exterior desde sempre, pero indo a datas recentes citar que pouco despois da sesión constitutiva da XIV Lexislatura, os deputados do Partido Popular pola provincia de Ourense, Celso Delgado e Ana Vázquez, rexistramos o 12 de decembro de 2019 varias preguntas ao Goberno, entre elas estas dúas:

"¿Cuáles son los motivos por los que no fueron todavía licitadas por ADIF- AV las obras de plataforma de la Variante de Ourense, Conexión Seixalbo-Seixalbo pese a que en el Diario Oficial de la Unión Europea del 7 de marzo, se había anunciado que tendría lugar el 1 de julio de 2019?

¿Cuáles son los motivos por los que no fueron todavía licitadas por ADIF- AV las obras de plataforma de la Variante de Ourense, Tunel de Rante- Conexión Seixalbo pese a que en el Diario Oficial de la Unión Europea del 7 de marzo, se había anunciado que tendría lugar el 1 de julio de 2019?"

O Goberno, con data 24 de xaneiro de 2020, respostaba idénticamente ambas as dúas preguntas: “En relación con los asuntos interesados, se señala que en el anuncio del pasado 7 de marzo de 2019 se indicaba como tentativa de licitación del contrato de obras del contrato “Variante de Ourense. Túnel de Rante-Conexión Seixalvo y Conexión Seixalbo-Seixalbo Plataforma, a finales de 2019.  En todo caso, se indica que las publicaciones de anuncio de licitación en el Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE) son informativas, no vinculantes.”

Unha resposta claramente decepcionante que evidenciaba que ADIF-AV, non traballou con dilixencia e acreditaba no ter vontade real de licitar a variante exterior de alta velocidade ferroviaria entre Taboadela e Ourense, de 16,9 qm, sobre a que a presidenta de ADIF tiña declarado en novembro de 2018: “optouse por aproveitar o trazado actual e modernizalo con 104 millóns, pero hai unha variante que se fará, que espera pola adecuación dos proxectos á normativa, porque nós pensamos en termos ferroviarios e quedarnos con 14 qm. de vía única na entrada de Ourense pode, nalgún momento, condicionar a fiabilidade da liña. Adif ten que ter flexibilidade para que non haxa incidencias".

Volvemos os deputados ourensáns á carga con dúas novas preguntas que rexistramoss o 4 de febreiro de 2020 nas que interrogaban ao executivo sobre “ En que mes del año 2020 licitará ADIF-AV las obras de plataforma de la Variante de Ourense en sus tramos Tunel de Rante-Conexión Seixalbo y Conexión Seixalbo-Seixalbo”.

Pois ben con data 23 de marzo de 2020 o Goberno deu esta resposta: No podemos confirmar la fecha concreta en la que se producirá dicha licitación.  En todo caso, se indica que el Ministerio de Transportes, Movilidad y agenda Urbana está desarrollando la Estrategia Indicativa como instrumento de planificación de la infraestructura ferroviaria. Asimismo en paralelo, está trabajándose en los Presupuestos Generales del Estado, por lo que será en este marco donde se contemplarán las previsiones para esta actuación”

Esta resposta viña  a confirmar a dada o 7 de marzo na que se falaba de que os anuncios no DOUE eran simplemente “dunha tentativa de licitación”, e agora a escusa é a “integración nun instrumento de planificación ferroviaria”. En definitiva estimabamos que o que había era falta de vontade de licitar.

E diciamos – o 16 de abril de 2020 - que esas respostas do MITMA non viñan afectadas aínda pola crise da  COVID-19 que por suposto, na súa vertente económica de enormes proporcións,  terán incidencia con carácter xeral en moitas das obras públicas pendentes de licitar.

Pos ben, tras os anuncios publicados hoxe, agardamos que unha vez superado este trámite de información ao público, podamos avanzar cara a  definitiva licitación destas obras que xa estaban comprometidas, por ser absolutamente necesarias e por que contribuirían desde a Administración a reactivar o sector da construcción e das obras públicas que son fonte xeradora de emprego, algo que será moi necesario nun contexto de paro desbocado e de recesión.

Estaremos moi pendentes desde o Congreso dos Deputados das  consignacions que deberán incluírse no Proxecto de Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2021 por parte de ADIF-AV para poder licitar as obras desta variante, que é o último tramo pendente para que haxa unha auténtica liña de Alta Velocidade entre Ourense e Madrid.