Onte presidente do Goberno galego, Alberto Núñez
Feijóo, deu conta da aprobación no Consello da Xunta do Plan de Reactivación e Dinamización de Galicia.Na nota de prensa da Xunta consta que “dotado con 3.043 millóns, ten como obxectivo traballar para paliar os efectos económicos nos sectores da economía, da industria e dos servizos máis castigados pola crise, e fortalecer os servizos públicos con máis sanidade que nunca, un servizos sociais con máis prestacións que nunca; e tamén o sistema educativo, “que vai ter que facer un enorme esforzo para recuperar o curso lectivo que empeza en setembro”, asegurou.
Logo
de recordar que este plan dá resposta ás propostas realizadas polo Comité de
Expertos Económicos de Galicia, un comité independente que traballou de forma
desinteresada nestes últimos meses e que desenvolveu unha importante labor de
asesoramento ao Goberno galego, Feijóo aseverou que a Comunidade galega
anticipouse na toma de decisións.
Neste
sentido, lembrou que a Xunta puxo 250 millóns de euros a disposición de pemes e
autónomos, que é a única comunidade que non cobra interese nos préstamos que
avala ao 100% con catro anos e un ano de carencia, que foi a primeira
comunidade que puxo a disposición dos traballadores que non cobraban o Erte
dous anticipos de nómina de 750 euros cada mes, que foi a primeira en inxectar
cunha liña de tesourería 1.800 millóns de euros á Facenda Pública Autonómica
para que seguira pagando as facturas durante a crise da covid-19 en 15 días de
media, e a primeira ademais en reactivar os contratos de obra pública, os de
servizos e subministros, as transferencias correntes e as subvencións no ámbito
do orzamento autonómico.
“Tamén
fomos unha das primeiras comunidades autónomas que adoptamos a decisión do
aprazamento de impostos, e quero dicirlles que unha das decisións que adoptamos
hoxe é volver a aprazar os impostos: en Galicia haberá vacacións fiscais ata o
1 de novembro deste ano 2020”, avanzou, explicando que isto suporá beneficiar a
máis de 32.000 familias e deixar de ingresar 35 millóns de euros cada mes a
través do Imposto Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, do
Imposto sobre Sucesións e Doazóns e os tributos do xogo.
No
tocante á distribución dos 1.741 millóns de recursos públicos, o responsable do
Goberno galego explicou que a área de sanidade concentrará 450 millóns; a área
social, 105 millóns; o emprego, 197 millóns; o eido da dinamización económica
do conxunto dos sectores da economía de Galicia contará con 334 millóns; o
ensino público disporá de 72 millóns; o turismo e a cultura, 58 millóns; o
medio rural disporá de 161 millóns; o sector do mar, 77 millóns; o medio
ambiente e a vivenda, 104 millóns; e para infraestruturas e mobilidade
destinaranse 183 millóns.
“Falamos
dunha dotación de máis de 3.000 millóns para que Galicia inicie canto antes a
fase de recuperación económica, e que esta teña o menor impacto nos
traballadores, nas familias e nas empresas”, reiterou.
Ademais, para finalizar a súa intervención, o presidente da Xunta avanzou que Galicia, dentro da estratexia da Unión Europea, presentará varios proxectos tractores no ámbito da tecnoloxía, da economía circular e verde e da biodiversidade, que suporán un gran investimento, con grandes incentivos públicos e unha importante creación de postos de traballo para recuperar o PIB e o mercado laboral.
Pola
súa banda, o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, destacou que este plan
“artella un armazón financeiro para facer viable os proxectos prioritarios como
consecuencia da pandemia”, o que permitirá á Xunta de Galicia actuar “tanto no
curto prazo, como no medio prazo e no longo prazo”.
Neste
sentido, informou de que Galicia afronta esta situación cun orzamento en vigor,
co déficit público controlado e cunha ratio de endebedamento inferior á media
autonómica, e resaltou que Galicia pechou o primeiro trimestre deste ano sendo
a comunidade autónoma co menor período medio de pagamento aos provedores, tal
como indican os datos oficiais do Ministerio de Facenda.”