Asistín esta mañá na Catedral de Ourense, á solemne misa de Corpus Christi, presidida polo bispo da diocese Don Leonardo Lemos Montanet.
Todos os asistentes, como é preceptivo ocupamos os bancos, gardando as distancias e por suposto provistos de máscaras.
A situación que vivimos polo estado de alarma fixo que este ano en lugar de procesionar polas rúas de Ourense, o Bispo, a Curia e os sacerdotes percorreron as naves da Catedral co Santísimo asomándose á Praza de San Martiño.
Alí o bispo bendixo aos fieis da diocese, acompañado da Real Banda de Gaitas de Ourense.