domingo, 14 de junio de 2020

Marabillas de Valdeorras : O Val de Covas coas augas remansadas do río Sil e o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.

Viaxo hoxe a Madrid para atender mañá as miñas obrigacións parlamentarias e nesta ocasión pola estrada N-120 para así gozar da paisaxe do sur de Lugo, Valdeorras, e o Bierzo.

Antes de cruzar os túneles que fixan o  límite provincial con León detéñome nun miradoiro situado á beira da  N-120.

Desde alí pódese contemplar o pobo de Covas, no concello de Rubía, o magnífico val do Sil e o extraordinario Parque Natural dá Serra dá  Enciña dá Lastra.

Unha marabilla.