Vinte e nove meses despois o MITMA segue sen concluir o proxecto de de carrís de adiantamento na N-120 entre Os Peares e Ourense




Como teño informado neste blog o pasado 14 de febreiro, os deputados ourensáns do PP Celso Delgado e Ana Vázquez presentamos en decembro de 2019 unha pregunta parlamentaria no Congreso dos Deputados dirixida ao Ministerio de Fomento.

¿Que razóns explican o importante atraso por parte do Ministerio de Fomento en concluír o proxecto de trazado "Mellora da seguridade viaria na   N-120. Implantación de carrís entre os   PPKK 548+800 e 564+000?


A resposta do Goberno do 31 de xaneiro  de 2020 foi:

“O proxecto de trazado de "Mellora da seguridade viaria na   N-120.  Implantación de carrís entre os  PPKK 548+800 e 564+000 atópase en fase de redacción e deberá ser sometido ao trámite de información pública”

Non conformes con esta reposta pola súa imprecisión, con fecha 26 de febreiro de 2020 novamente preguntamos:

¿En que data comezou o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana a redacción do proxecto de trazado "Mellora da seguridade viaria na   N-120. Implantación de carrís entre os   PPKK 548+800 e 564+000”?

A resposta do Goberno do 26 de marzo de 2020 foi:

O proxecto de trazado de "Mellora da seguridade viaria na  N-120.  Implantación de carrís entre os  PPKK 548+800 e 564+000 iniciou a súa redacción en novembro de 2017”

Comentario:

A N-120 entre Ourense e Os Peares, construida nos anos 80, discorre encaixada entre o leito do río Miño e unha ladeira de notable pendente con presenza de inestabilidades xeolóxicas e importante manto vexetal con alturas que nalgúns puntos chegan aos 40 metros. As choivas teñen causado habituais problemas de desprendementos, e os conseguintes cortes da circuación parcial o total da estrada para acometer as reparacións.

No ano 2017 na etapa de Goberno do PP ordenouse a redacción dun proxecto de trazado destes carrís na N-120 que viñesen a solucionar os problemas que xeran as liñas contínuas que impiden os adiantamentos durante máis de vinte e dous quilómetros.

Agora 29 meses despois o Goberno socialista segue sen rematar a redacción deste  necesario proxecto, e polo tanto non pode dar o seguinte paso de sometelo a información pública.

Demoras que non son atribuibles a crise do Coronavirus COVID-19 que comezou en marzo de 2020.

Esta conducta só ten un calificativo: desidia e desinterés por parte do MITMA.

Seguiremos reclamando a culminación do proxecto.

Con la tecnología de Blogger.