Feijóo destaca que Ourense conta hoxe con máis servizos públicos, máis prestacións e máis oportunidades que hai 11 anos

presidente do PPdeGAlberto Núñez Feijóo, puxo en valor o compromiso do Goberno galego con Ourense ao longo dos últimos anos: “Somos a Administración pública que máis investiu”. E apuntou que hoxe a cidade conta conmáis servizos públicos, máis prestacións e máisoportunidades.  

Así se expresaba o líder do PPdeG, esta mañá, nun almorzo con preto de 450 persoas, no que aproveitou para facer un balance das actuacións realizadas. 

MÁIS ESCOLAS INFANTÍS E MÁIS FORMACIÓN PROFESIONAL

Así, no eido da educación, o líder do PPdeG afondou en que hoxe Ourense conta co dobre de prazas en garderías públicas que hai unha década. Este incremento, dixo, supón que a ratio de prazas alcance xa o 41%, fronte ao 24 de 2009. 

Do mesmo xeito, referiuse aos máis de 11 millóns de euros destinados á ampliación da Escola Oficial de Idiomas e do IES Universidade Laboral e á rehabilitación dos CEIP de Seixalbo e de Portovello. A isto, sumoulle a rehabilitación integral do IES O Couto e a reforma completa do CEIP Prácticas -dúas obras que xa está en marcha- e a rehabilitación integral dos CEIP Mestre Vide e de Virxe de Covadonga -dúas actuacións previstas para este ano-. 

Asemade, o presidente do PPdeG incidiu na aposta do Goberno galego pola Formación Profesional. Así, ademais de citar a ampliación do CIFP A Carballeira, fixo especial fincapé no Centro Galego de Innovación na FP: “Temos o compromiso de converter a Ourense no referente da FP en Galicia”.

MELLORES PRESTACIÓNS PARA OS NOSOS MAIORES 

Do mesmo xeito, recalcou incremento dasprestacións para os nosos maiores. Así, sinalou que, desde 2009, en Ourense, aumentouse un 25% as prazas públicas. E referiuse á posta en marcha do Centro Interxeracional da Farixa e á nova residencia no barrio do Pino -que poñerá a disposición 120 novas prazas e xerará 110 empregos-.

Con respecto ao novo centro de atención á discapacidade, dixo que con esta infraestrutura se incrementará nun 35% as prazas públicas en Ourense.  

COMPROMISO COA ÁREA SANITARIA DE OURENSE

No ámbito sanitario, remarcou a ampliación e a renovación do Hospital Público de Ourense e avanzou que o obxectivo é licitar o próximo ano o novo edificio de hospitalización. 

Salientou, tamén, a implantación, e posterior ampliación do horario ás 24 horas do día os 365 días do ano, do servizo de Hemodinámicaa nova área de resonancia magnética, a nova unidade de hospitalización de psiquiatría de agudos e o novo aparcadoiro. E, no relativo á atención primaria, centrouse no novo centro de saúde do Couto, que contou cun investimento de máis de 3 millóns de euros.  

A ESTACIÓN INTERMODAL, A PORTA DE ENTRADA DO AVE A GALICIA 

Sobre a estación intermodal de Ourense, o líder do PPdeG remarcou que suporá “a porta de entrada do AVE a Galicia” e que o novo aparcadoiro contará con 300 prazas. 

Para Feijóo, Ourense é hoxe exemplo do modelo pioneiro de autobús compartido e baixo demanda.Un plan, indicou, que beneficia xa a unhas 1.000 familias. E, coa renovación das liñas de autobús, o Goberno galego atende a conexión entre a cidade e o Polígono de San Cibrao das Viñas.

No eido das infraestruturas viarias, Feijóo puxo en valor o acondicionamento da rúa Otero Pedraio e as actuacións nas rúas Concordia, Progreso, Río Arnoia ou na avenida de Caldas; a mellora da seguridade viaria en Seixalbo e o acondicionamento da rúa Marcelo Macías -cuxas obras comezarán no verán-. 

Tamén se referiu á conexión do Polígono de San Cibrao coa A-52, que xa está en execución e que agarda que estea a disposición este verán. 

APOSTA POLA RECUPERACIÓN DE ESPAZOS PARA OS CIDADÁNS

No ámbito cultural, salientou o “patrimonio indiscutible” co que conta Ourense e puxo como exemplo a nova Biblioteca Pública Xeración Nós’.

Por outra banda, tal e como indicou Feijóo, co novo edificio xudicial, acadouse unha infraestrutura capaz de albergar 24 xulgados e 15 salas de vistas. Outros proxectos aos que tamén enumerou foron: a remodelación do pavillón dos Remedios, a nova pista cuberta de atletismo de Expourense e as novas instalacións deportivas no Complexo de Monterrei. 

No eido da vivenda, centrouse na rehabilitación no Casco Histórico e no barrio de Covadonga. Asemade, destacou a adecuación das contornas urbanas coa mellora da praza e alameda de Covadonga e, tamén, da Alameda da Ponte, e a posta en valor da Ponte Romana. 

No referido ás infraestruturas hidráulicas, citou a nova depuradora, que contou cun investimento de case 50 millóns de euros. 

O PRIMEIRO ECOBARRIO DE GALICIA

Destacou o primeiro Ecobarrio de Galicia e España como unha gran oportunidade, desde o punto de vista económico e ambiental. E apuntou aos 20 millóns de euros de investimento e aos máis de 300 postos de traballo que xerará. 

Para rematar, puxo en valor a Ourense, como referente en sectores como o vitivinícola, o agroalimentario, a innovación e o turístico. Con respecto a este último, referiuse á reforma da Catedral, á adecuación da Vía da Prata, ao impulso do termalismo -coa “aposta estratéxica” do novo Campus da Auga- e ao novo albergue de peregrinos no Casco Vello

A PROL DUNHA POLÍTICA QUE UNHA E XERE ESTABILIDADE

Fronte unha política afastada do partidismopermanente, da confrontación e da discriminación,o líder do PPdeG avogou por unha xere unidade e estabilidade coa que facer prosperar unha cidade.Así, indicou que o balance feito é o resultado dunha política útil aos cidadáns. Para Feijóo, “a maneira de falar é falar facendo; e a nós o que nos importa é facer”. 

Con la tecnología de Blogger.