En febreiro baixa o paro rexistrado


Esta mañá coñecemos os datos de paro rexistrado nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego, correspondentes a febreiro de 2020

Estos son:

OURENSE:

Baixa o paro rexistrado en febreiro en relación co mes anterior en 106 persoas, un - 0,57 %.  

A nivel interanual, isto é, con respecto a febreiro do ano pasado, 900 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 4,66 %.

O número de parados queda en 18.397, deles 8.070 son homes e 10.327 mulleres, 17.424 son maiores de 25 anos e 973 menores.

Por sectores: 1.033 son da agricultura, 2.122 da industria, 1.519 da construción, 12.043  dos servizos e 1.680 do colectivo sen emprego anterior.

GALICIA:

Baixa o paro rexistrado en febreiro en relación co mes anterior en 1.527 persoas, un - 0,91 %.

O número de parados queda en 166.229 persoas, un nivel de desemprego moi inferior ao rexistrado hai once anos, xa que en febreiro de 2009 había 206.570 parados. Por sectores: 6.029 son da agricultura, 18.297 da industria, 13.613 da construción, 114.987  dos servizos e 13.301 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a febreiro do ano pasado, 7.480 persoas saíron en Galicia das listas do paro, un -4,3º %.  

Por sétimo ano consecutivo redúcese o paro en Galicia nun mes de febreiro e faino nas catro provincias galegas -Pontevedra liderou a caída (-6,09%), seguida de Ourense (-4,66%), A Coruña (-2,82%) e Lugo (-2,59%)- e nas sete grandes cidades; así como en todos os sectores económicos -destacou a baixada na agricultura e a pesca (-6,93%), seguida da construción(-6,23%), industria (-6,13%) e servizos (-3,33%)- e nos colectivos prioritarios para a Xunta: descendeu nun -6,90% entre os menores de 30 anos; nun -4,73% nos parados de longa duración; e nun -4,50% nas mulleres.

ESPAÑA:

En febreiro de 2020 o paro rexistrado nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego reduciuse en 42.933 persoas respecto ao mesmo mes do exercicio anterior, cun ritmo de redución interanual do 1,31%.

O número de parados rexistrados no mes de febreiro de 2020 baixou en 7.806 traballadores en relación co mes anterior. En valores relativos, o descenso do paro é dun - 0,24 %. É o dato máis baixo de paro rexistrado en febreiro desde 2008.

Así, a cifra total de desempregados sitúase en 3.236.077.

O desemprego masculino sitúase en 1.349.975 persoas, ao diminuír en 7.005 persoas (-0,52%) respecto ao mes de xaneiro. As traballadoras en paro ascenden a 1.896.072, tras reducirse a súa cifra en 801 respecto ao mes anterior (-0,04%). En cómputo anual, o desemprego feminino baixa en 32.743 mulleres respecto a febreiro de 2019, o 1,70%. Supón algo máis do dobre da baixada do 0,75 % do paro rexistrado dos homes que, no último ano, redúcese en 10.250 persoas

Respecto a os mozos, o desemprego dos menores de 25 anos aumenta en 7.208 persoas (2,84%) respecto ao mes anterior. Pola contra, en termos interanuais rexistra unha caída do 2,59% que duplica a media de redución de desemprego, con 6.951 mozos menos nas listas do paro.

O paro de 25 e máis anos baixa en 15.014, (-0,50%) no mes de febreiro respecto ao de xaneiro.

Por sectores económicos de procedencia, o paro rexistrado baixa en Industria 2.259 (-0,81%), en construción en 4.819 (-1,82%), e en Servizos diminúe en 9.485 (-0,41%). Sobe en Agricultura en 2.855 (1,90%) e increméntase no colectivo Sen Emprego Anterior en 5.902 (2,31%).

Con todo, o paro na agricultura descende en 3.318 traballadores, un 1,57% respecto a febreiro de 2019.

En termos mensuais, o paro rexistrado baixa en 11 comunidades autónomas, principalmente en Canarias (-3.327),  Illes  Balears (-3.290) e Castela-A Mancha (-1.846). En catro comunidades autónomas mantense prácticamente estable e sobe en Madrid (2.147), e Cataluña (1.532).

Respecto ao ano anterior, baixa en dez comunidades, entre elas a Comunidade Valenciana (- 9.135), Galicia (-7.480) e Andalucía (- 6.595) mantense en dúas e crece nas cinco restantes.

Con la tecnología de Blogger.