Salientable crecemento da afiliación á seguridade social en febreiro


O número medio de afiliados á Seguridade Social alcanzou o pasado febreiro os 19.250.229, a maior cifra de ocupados rexistrada na serie dos meses de febreiro.

No mes, o sistema incorporou 85.735 persoas afiliadas (0,45%), trátase do maior incremento neste mes desde 2015 (96.909).

Ademais, rexistrouse o maior número de mulleres ocupadas da serie mensual de febreiro cun total de 8.978.764 traballadoras, cifra que supón un aumento de 40.546.

O balance dos últimos 12 meses (febreiro/febreiro) é de 361.757 novos afiliados, cunha taxa interanual próxima ao 2% (1,92%), que mellora a anotada en xaneiro (1,83%).

En canto á afiliación media mensual, esta creceu en todos os réximes que integran o Sistema. Polo que se refire á interanual, aumentou no Réxime Xeral e no de Autónomos -os dous réximes principais do sistema- e retrocedeu en Mar e Carbón. En concreto, entre os traballadores autónomos creceu en 6.777 afiliados medios.

Respecto a 2019

O dato interanual, como xa se indicou, reflectiu un crecemento de 361.757 persoas, isto supón un aumento próximo ao 2% (1,92) respecto de 2019. A cifra total de afiliación media alcanzou un máximo na serie de febreiro ao situarse en 19.250.229 persoas ocupadas. Desta cifra, 344.365 corresponden ao Réxime Xeral, que experimentou un incremento do 2,21%; o 2,75% (396.176) sen contar os Sistemas Especiais do Hogar(-13.506) nin o  S.E. Agrario (38.305).

O Réxime Especial de Traballadores Autónomos sumou 18.244 respecto a febreiro de 2019. O Réxime do Mar descendeu en 511 ocupados (-0,82%). O Carbón rexistrou 341 afiliados menos (-21,43%).

O número de afiliados aumentou na maioría das comunidades e cidades autónomas.  Destacaron os incrementos en Madrid (87.001), Cataluña (55.396), Andalucía (55.256) e Comunidade Valenciana (48.826). A afiliación tan só diminuíu en Estremadura (-312) e Melilla (-136).

Respecto a xaneiro

A afiliación ao Réxime Xeral aumentou en febreiro en 78.010 (0,21%), o que situou o total de afiliados en 15.929.151, cifra que despraza o récord mensual -nun febreiro- alcanzado en 2019 (a integración dos réximes Agrario e do Hogar como sistemas especiais produciuse en 2012).

É un mes de febreiro no que se rexistrou crecemento na maioría dos sectores, destacou Hostalería, con 26.184 afiliados máis (2,15%); Construción, que sumou 26.035 persoas (3,05%); Educación, 21.026 (2,14%); e Industrias Manufactureiras con 10.001 ocupados máis (0,54%).

Dentro do Réxime Xeral, cabe sinalar que o Sistema Especial Agrario experimentou un descenso de 15.809 afiliados medios con relación a xaneiro (-2,07%), o que sitúa o número de ocupados en 746.739. O Sistema Especial do Empregados do Hogar, pola súa banda, practicamente mantense, xa que suma 155 afiliados (0,04%), polo que agora alcanza os 394.151 afiliados medios.

O Réxime de Autónomos conta con 3.257.896 afiliados medios, tras crecer en 6.777 persoas (0,21%). Entre o Réxime do Mar a ocupación aumentou en 956 (1,57%), ata os 61.932 afiliados medios.  Finalmente, o Carbón sitúase en 1.250 afiliados medios (-7).

Por territorios, a afiliación crece en todas as comunidades e cidades autónomas, destacando Cataluña (21.153), Illas Baleares (12.655), Comunidad de Madrid (10.616) e Región de Murcia (7.260).

Galicia:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado febreiro en 1.012.354 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 5.848 persoas afiliadas máis respecto ao mes anterior (0,58 %), a maior suba intermensual nun mes de febreiro desde o ano 2007. 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou febreiro con 783.546 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 208.095 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 20.713 afiliados medios

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta Comunidade un incremento de 15.043 ocupados (1,51 %).


 Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social nesta provincia situouse o pasado febreiro en 102.218 ocupados, cifra que supuxo un aumento de 358 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,35 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un incremento de 1.086 ocupados (1,07 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral rematou febreiro con 78.761 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.457 afiliados medios

Con la tecnología de Blogger.