Gran éxito do Campionato de España absoluto de pista cuberta en Ourense


Finalizou onte o Campionato de España absoluto de pista cuberta en Ourense, no que o atleta Pablo  Torrijos  pulverizou o seu propio récord de España de triplo cun salto final marabilloso de 17.18.

E lembrarase polo feito insólito de ver a un mesmo atleta gañar os 60 m lisos e 60 m valos á vez; xamais nas 55 edicións precedentes ocorrera tal cousa, mesmo nunca un mesmo medallista en ambas as probas; tivo que chegar o gran Orlando Ortega para o seu nome e lograr esta xesta nunha final.

Foron dous grandes días de gran atletismo na pista de atletismo que se encheu de público en cada xornada nesta edición que se disputaba por primeira vez en chan galego e que resultou todo un éxito grazas ao gran apoio prestado polas institucións liderado pola Xunta de Galicia e a continuación a  Deputación de Ourense,  Concello de Ourense e  a Federación Galega de Atletismo, a máis diso a organización local que estiveron de 10. 

Salientar as magníficas instalacións como as que conta Expourense con esta pista cuberta, que fixo posible que os atletas acadasen marcas persoais e os mellores rexistros da tempada. 

“Un orgullo para o noso deporte e para todos como provincia, polo que supón de promoción do noso territorio”, como dicía Manuel Baltar.

Con la tecnología de Blogger.