Conmemorando o 11 aniversario da primeira maioría absoluta do presidente PPdeG, Alberto Núñez Feijoó


Hoxe tivemos un gran mitín en Ourense para conmemorar o  11 aniversario da primeira maioría absoluta do presidente PPdeG, Alberto Núñez Feijoó.

Foi no pavillón dos Remedios, que estaba  totalmente ateigado de militantes e representantes do PP chegados de toda Galicia, e coa presenza do presidente nacional, Pablo Casado, e do presidente de honra da formación, Mariano Rajoy.

Foi o presidente provincial do do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, quen presentou o acto pedindo aos galegos e galegas unha cuarta maioría absoluta popular “que axude a gañar a Feijoó para que tamén gañe Galicia”. O líder dos populares ourensáns pronunciou estas palabras no acto celebrado esta mañá no pavillón dos Remedios, onde o PPdeG conmemorou o 11 aniversario da primeira victoria do presidente do PP de Galicia e candidato á reelección como presidente da Xunta,.

Baltar afirmou que “o partido máis importante de España está hoxe representando en Ourense”, destacando así a presenza do presidente nacional do PP, Pablo Casado, a quen agradeceu “o compromiso coa unidade de España, coa cuestión demográfica e as políticas provinciais”. Palabras de agradecemento que tamén tivo para o presidente de honra da formación popular, Mariano Rajoy, a quen cualificou como “un gran amigo de Ourense”.

Manuel Baltar afirmou que en “34 días, Alberto Núñez Feijoó voltará a ser presidente de Galicia, co apoio dos galegos e as galegas e o traballo da candidatura que encabezará pola provincia de Ourense Marisol Díaz Mouteira, “unha lista que xa encabezou nas autonómicas de 2016 e coa que conseguimos un récord histórico e que imos repetir”.

Nese obxectivo, engadiu, “contamos en Ourense con máis de 27.000 militantes, 462 concelleiros e concelleiras, 60 gobernos locales e os representantes populares na única Deputación galega gobernada, en coalición, polo PP”. Na última cita coas urnas, nas xerais de novembro, lembrou, “fomos quen de conseguir ser a mellor provincia de España en apopio electoral de calquera formación en España”.

En referencia directa ao candidato do PPdeG á reelección para a presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijoó, Baltar felicitou ao presidente popular galego “por estes once anos de compromiso, de xestión, de rigor, de ilusión e de equipo”. Once anos, dixo, nos que ofreceu a Ourense notables melloras nos servizos públicos, en infraestruturas, en sanidade, en deportes ou en educación, onde seremos referencia coa Centro de Innovación da Formación Profesional”, que terá a súa sede na cidade.

Por su parte o presidente do PP, Pablo Casado dijo  en este  acto de conmemoración del undécimo aniversario de la llegada de Alberto Núñez Feijóo a la Xunta, que “el PP no se puede explicar sin Galicia y Galicia no se puede explicar sin el PP”. Afirmó que “lo que se juega en Galicia tiene repercusión en el resto de España” y por eso es tan importante aglutinar el voto en Alberto Núñez Feijóo” a quien agradeció su “generosidad y responsabilidad.
Advirtió que “un revisionismo del Estado de las autonomías sería empobrecedor”
Criticó que hoy, desde Vitoria, Sánchez se haya metido con Galicia y con Feijóo en vez de dar cuentas de lo sucedido en el vertedero de Zaldibar, donde hay dos desaparecidos, y se pregunta qué le hubieran dicho a Mariano Rajoy ante una situación semejante
 Aseguró que “a Sánchez le obsesiona Galicia” porque tras negociar con los independentistas catalanes y con el PNV “ahora quiere que la otra nacionalidad histórica, que es Galicia, esté al servicio también de los independentistas y de la extrema izquierda”
Señaló que “el PP no permitirá que Galicia sea moneda de canje en la hoja de ruptura de la igualdad a nivel nacional” y denunció que “se ponga en duda la unidad de la caja única para pactar los PGE”
Preguntó “cómo se puede explicar que los gallegos hayan pagado 370 millones en impuestos y el Gobierno de la nación no lo quiera devolver”. “No se puede quitar a los gallegos lo que ya es de los gallegos”.
Aseguró que defenderá los intereses de Galicia y trabajará por su industria electro intensiva, ahora que hay 5.000 familias “pendientes de la irresponsabilidad de Sánchez”, a quienes traslada su “cercanía” y les transmite que peleará por su futuro
Subrayó la importancia de otros sectores productivos para esta tierra como el conservero, el de automoción, el de los astilleros y el medio rural para el que exige al Gobierno que negocie “a cara de perro” en Bruselas
Se comprometió a negociar los aranceles con EE.UU. “que se están cebando con los vinos españoles” y pide “más política internacional en la Casa Blanca y menos con venezolanos dictadores en Barajas”


Alberto Núñez Feijóo, asegurou que o seu compromiso con Galicia está máis 
vixente ca nunca e só será presidente se a gran maioría de galegos así o quere nas urnas.

“Ratifico en 2020 o compromiso que adquirín con Galicia en 2009”, insistiu precisando que para el segue vixente que o emprego ten que ser a prioridade, que os galegos paguen cada vez menos impostos, que teñamos unha Sanidade pública con todas as garantías, que os dependentes reciban a atención que merecen e que lles corresponde, que as familias poidan ter máis opcións de conciliación, que a mocidade teña un papel protagonista ou o que o non quede á marxe do desenvolvemento. Da mesma maneira, mantivo que segue apostando polo respecto ao medio ambiente e un territorio máis ordenado, pola innovación, por unha administración que facilite a vida dos cidadáns, pola defensa da nosa cultura, da nosa riqueza lingüística e da nosa liberdade e porque a política en Galicia vaia por diante.

CUMPRIR COA PALABRA DADA

Feijóo confesou que ao longo destes anos rexeitou outros retos profesionais porque quería ser presidente da nosa Comunidade, poñendo en valor que, cando dá a súa palabra, cumpre. “Quero ser o presidente dunha Galicia unida”, recoñeceu apuntando que desexa volver gobernar para que non caiamos na división de bloques, para demostrar que se pode querer moito á terra dun sen necesidade de agraviar aos demais e porque cre na Constitución.

O líder do PPdeG tamén indicou que é un candidato e un presidente libre para deberse só a todos os galegos, sen excepción, e que se presenta para facer unicamente o que estes lle digan. Por iso, afirmou que en campaña electoral pediralles o voto para cumprir os seus compromisos con eles.  “O que non farei será pedir permiso a ningún partido para selo e que mo concedan a cambio de sacrificar os meus principios e os meus compromisos”, puntualizou salientando que iso lle valerá a Sánchez ou aos partidos do multipartito pero non a el.

“Para este partido, Galicia é máis grande e máis importante que as súas propias siglas”, dixo recoñecendo que iso é o que fai grande á súa formación e non o tamaño dun logotipo. Así, mentres para os populares a Comunidade está por diante, para o actual PSOE a nosa Autonomía é secundaria e non lle importa só deberse ao nacionalismo, ao independentismo e ao populismo -que só se deben a si mesmos- ata perder toda dignidade e macular a dos españois.

CON ESTABILIDADE HAI RESULTADOS

Como lembrou Feijóo, malia que a Comunidade viviu momentos moi difíciles, seguiu sempre en pé, pasando a ser unha Autonomía que crece, que é a que menos se endebeda, que aproba as súas contas e que crea emprego. “Galicia leva 11 anos sendo parte da solución en España”, insistiu mentres poñía en valor que “o 1 de marzo de 2009 gañamos as eleccións pero a auténtica vitoria foi e é cada galego que ao longo destes anos recuperou a esperanza e a confianza”.

Neste sentido manifestou que, con estabilidade, os resultados sempre acaban chegando e expuxo que hoxe temos a mellor educación pública de España, as familias teñen máis apoio que nunca, contamos con máis medios e atención aos maiores e dependentes, e os que viven no rural teñen máis servizos.

FÁLASE FACENDO

Ademais, a boa xestión que se levou a cabo en Galicia permitiu que na actualidade os galegos paguen menos impostos que en 2009 -Programa de impostos cero no rural, menos IRPF e nada no imposto de sucesións e doazóns de pais a fillos-.

Igualmente, o presidente subliñou que se dedica máis diñeiro ás políticas sociais que nunca, concretando que os 4.109,6 millóns de euros do presuposto de 2020 é a maior cantidade que se destinou nunca en Galicia á Sanidade Pública, engadindo que tamén seguirán investindo e mellorando todos os comarcais e resaltando tamén que nunca antes houbo máis investimento, máis prestacións, máis persoal, máis tecnoloxía e menores listas de espera.

Segundo admitiu na súa intervención, os populares en lugar de falar, prefiren facer e, nese senso, recordou que a Xunta presidida por el é a primeira en ter unha estratexia para o cambio climático e en ordenar o territorio, a que asegurou o futuro do sector da automoción e a que conseguiu que os estaleiros pasasen de estar baleiros a ser os segundos que máis traballan. De igual xeito, mencionou que agora producimos máis leite que en 15 anos e estamos nos primeiros postos do mercado en Europa, e que foi a súa Administración coa que se innovou e nos abrimos a novos sectores como a aeronáutica ou a biotecnoloxía.

MIRAR CARA O QUE AÍNDA HAI QUE ACADAR

Logo de facer balance destes anos, o líder dos populares galegos aseverou que hai que mirar cara adiante xa que cara atrás só mira para dicir con total seguridade que ten máis experiencia, está máis preparado e ten máis forzas que aquel 1 de marzo de 2009. “E eu non estou aquí polo acadado senón por todo o que aínda temos que acadar”, aclarou facendo fincapé en que dende hai 11 anos non fixo outra cousa que cumprir co seu deber, que é Galicia.


Con la tecnología de Blogger.