Hoxe o Consello de Ministros adoptou
un Acordo sobre os criterios de aplicación da prórroga orzamentaria na
repartición das entregas a conta das Comunidades Autónomas e as Entidades
Locais correspondentes a 2020.
Desta maneira, as entregas a conta comunicadas inicialmente ás Comunidades
Autónomas para este exercicio ascenden a 103.000 millóns de euros. A
Galicia corresponderíanlle segundo eses cálculos 7.372 millóns de
euros. Os territorios empezarán a recibir estes anticipos nos próximos días.
María Jesús Montero, ministra de facenda e voceira do Goberno, afirmou en roldade prensa tamén
que non lles vai pagar ás comunidades o que lles debe do IVE de 2017, porque di
que xa pasou o prazo. Dixo que “o sistema de financiamento permíteche corrixir
aos dous anos, non despois. Tocaba no ano 2019 e por parte do PP non se quixo
facer, así que agora é mposible". No caso de Galicia son 200 millóns de
euros que deixará de ingresar.
Estou aínda sorprendido da desvergoña da
ministra que non quere devolver aos galegos o que lles corresponde.
Esta mesma tarde o presidente da Xunta,
Alberto Núñez, cualificou esta inxusta
decisión dicindo que “a tomadura de pelo está a ser xa continuada e
empeza non só a ser de mal gusto, senón que empeza a ser groseira"
Feijóo, reaccionou afirmando que non se
descarta actuación, entre elas acudir á vía xudicial, para reclamar ao Goberno
central que abone a Galicia os 200 millóns que lle debe pola liquidación da
última mensualidade de IVE do ano 2017.
Identificou á Administración estatal como
"a principal morosa" de Galicia e esixiu que se abonen os 370 millóns
de euros que estipula que lle deben, ao incluír neste cálculo a prima para as
Comunidades autónomas cumpridoras cos obxectivos de déficit prevista polos
anteriores gobernos do PP.
"Están a pagar con diñeiro da Xunta de
Galicia o incremento das pensións, o incremento do salario dos empregados
públicos da Administración do Estado", dixo Feijóo.
Non imos renunciar ningún dos parlamentarios do PP no Congreso a esixir ao Goberno socialista que pague a Galicia o que debe.
Non imos renunciar ningún dos parlamentarios do PP no Congreso a esixir ao Goberno socialista que pague a Galicia o que debe.