Finaliza 2019 cunha redución do desemprego en Ourense do - 3,87 % e do - 2,36% en Galicia


Esta mañá coñecemos os datos de paro rexistrado a finais de 2019 nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego. Estos son os datos referidos a Ourense e Galicia:



OURENSE:



Baixo paro rexistrado en decembro en relación co mes anterior en 178 persoas, un – 0,96 % (en decembro de 2018 tiña baixado en 366, un -1,88 %). Continúa a desaceleración na redución do desemprego.


A nivel interanual, isto é, con respecto a decembro do ano pasado, 740 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 3,87 % (o ano pasado a caída foi de 831, un -4,17 %).


O número de parados queda en 18.359, deles 8.163 son homes e 10.196 mulleres, 17.346 son maiores de 25 anos e 1.013 menores.



Por sectores: 1.083 son da agricultura, 2.173 da industria, 1.514 da construción, 11.868  dos servizos e 1.721 do colectivo sen emprego anterior.

  
GALICIA:



Baixo paro rexistrado en decembro en relación co mes anterior en 351 persoas,un – 0,21 % (en decembro de 2018 tiña baixado en 1.074, un - 0,63%)

A nivel interanual, isto é, con respecto a decembro do ano pasado, 3.987 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 2,36 %,  o que sitúa á Comunidade como a quinta na que máis descende o desemprego, mellorando a media estatal, que foi de -1,21%. Con todo salientar que o ano pasado a caída foi de 15.718, un -8,50%, o que evidencia unha clara desaceleración.

A Comunidade Autónoma sitúase a niveis de paro inferiores aos de antes de 2008, sumando xa sete anos de baixadas consecutivas, desde decembro de 2013. Neste tempo a cifra de paro descendeu en máis de 113.000 desempregados, é dicir, 2 de cada 5 parados abandonaron as listas do paro neste período.

O número de parados queda en 165.308, deles 71.666 son homes e 93.642 mulleres, 157.656 son maiores de 25 anos e 7.652 menores de 25 anos.



Por sectores: 6.292 son da agricultura, 18.579 da industria, 14.085 da construción, 112.979 dos servizos e 13.373 do colectivo sen emprego anterior.


O paro baixa nas catro provincias galegas: Ourense (-3,87%), Pontevedra (-3,26%), A Coruña (-1,42%) e Lugo (-0,70%) e nas sete grandes cidades, agás A Coruña, onde sobe un 0,74%.

 Descende tamén en todos os sectores, liderando esta caída a construción cun -5,87% menos de paro, seguida pola industria, cun -5,66%. O desemprego redúcese nos colectivos prioritarios.


Con la tecnología de Blogger.