O paro rexistrado caeu en España en 2019 ao menor ritmo do últimos sete anos, un - 1,21 %


Esta mañá coñecemos os datos de paro rexistrado a finais de 2019 nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego. Estos son os datos referidos a ESPAÑA:

O número de desempregados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego reduciuse en decembro en 34.579 persoas en relación co mes anterior, un descenso do -1,08%. % (en decembro de 2018 tiña baixado en 50.750, un -1,55 %).

Así, a cifra total de parados sitúase en 3.163.605, a cifra máis baixa nun mes de decembro desde 2008.

O desemprego masculino sitúase en 1.328.396 persoas, ao subir en 10.710 (0,81%) e o feminino en 1.835.209, ao reducirse en 45.289 (-2,41%) en relación ao mes de novembro.
Respecto a os mozos, o desemprego dos menores de 25 anos redúcese en decembro en 18.892 persoas (-7,11%) en relación co mes anterior, mentres o paro de 25 e máis anos baixa en 15.687 (-0,53%).
O paro rexistrado baixou en 13 comunidades autónomas, principalmente en Andalucía (-16.681), Madrid (-3.799), Comunidade Valenciana (-2.943). Sobe en catro comunidades, encabezadas por Navarra (782) e A Rioxa (454).
Por sector económico de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado reduciuse en Agricultura en 6.640 (-4,50%), en Servizos baixa en 41.687 (-1,85%) e no colectivo Sen Emprego Anterior redúcese en 10.884 persoas (-4,04%). Pola contra en Industria sobe en 6.350 (2,36%), e en Construción increméntase en 18.282 (7,15%).

O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego baixou en 38.692 nos últimos doce meses, cun ritmo de redución interanual do 1,21%. (en decembro de 2018 tiña baixado en 210.484, un – 6,17 %). É o peor ano de creación de emprego desde 2013 e de redución de paro desde 2012.
Con la tecnología de Blogger.