Demoras na redacción do proxecto da subestación eléctrica de tracción de As Portas
https://www.boe.es/boe/dias/2018/03/20/pdfs/BOE-A-2018-3931.pdf
![]() |
Encoro de Portas |
E o Goberno o 31 de xullo de 2019 contestaba: “En relación co asunto interesado sinálase que desde xaneiro de 2019 está a redactarse o proxecto construtivo desta liña de alta tensión e da propia subestación de tracción de ADIF.
Con data 12 de decembro de 2019, nesta nova
lexislatura preguntamos : "Cal é a data de resposta o estado do proxecto
construtivo da subestación eléctrica de tracción de As Portas integrada na Liña de alta tensión
Conso- As Portas que foi adxudicado por ADIF-AV?
E tamén: En que data ADIF- AV procederá a licitar e adxudicar as obras da
necesaria subestación de tracción de As
Portas e da súa liña de alta tenión de
conexión á subestación de Conso de Rede Eléctrica?
Pois ben en data recente, o 24 de xaneiro de
2020, o Goberno contesta: " En relación co asunto interesado, sinálase que
o proxecto construtivo da liña de alta tensión 220 Kv Conso- As Portas e a subestación de As Portas atópase en redacción"
![]() |
Subestación de Conso |
Certamente unha resposta decepcionante,
primeiro por canto acredita a enorme tardanza na redacción do proxecto e por outra ao non
existir nin o máis minimo compromiso de
dar unha data de licitación.
Este proxecto é moi importante para que a LAV a Galicia funcione a pleno rendemento e permita a circulación simultánea de varios trenes.
A solución provisional é que a catenaria reciba a enerxía desde as subestacións de Arbillera e de Amoeiro, pero iso ten limitacións á circulación.
Continuaremos insistindo.