Publica hoxe “Nos Diario “ unha información da xornalista Ana G. Liste que
titula “Todo o que o Estado debe a Galiza desde o Estatuto” e subtitula “Novo Goberno no Estado e vellas
reclamacións da Galiza. O acordo de investidura entre PSOE e BNG abre a porta a
reiniciar a transferencia habitual de competencias”
Recolle a opinión en primeiro lugar de Carlos Aymerich, profesor de Dereito
Administrativo da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, que salienta
a xestión do tráfico e da seguridade viaria como
fundamentais e que outro punto chave é a
xestión integral do control da vixilancia pesqueira e do salvamento
marítimo
Tamén recolle as opinións de deputados galegos no Congreso como Néstor Rego, Pablo Arangüena, Antón Gomez
Reino e Celso Delgado.
Estas foron as miñas : “ Por outra
banda Celso Delgado, deputado do PP no Congreso por Ourense, matiza que das
transferencias de competencias fálase nun plano institucional e non entre
partidos. O acordo asinado entre o deputado do BNG e o PSOE é unha pretensión
desa formación política pero éste é un tema institucional sinala”. E engade “para Delgado a prioridade e pagar a débeda pendente do Estado. O autogoberno
de Galiza está sustentado en disposición dos recursos públicos necesarios para
a xestión dos servizos públicos. En segundo lugar está a financiación
autonómica, o reto demográfico e as infraestruturas”
Recibirá resposta