Excelente iniciativa na Veiga : “A Feira das Montañas de Trevinca”

Viaxo onte pola tarde ata o concello da Veiga para coñecer a 1ª Feira das
Montañas de Trevinca, un evento que amosa os produtos da Alta Montaña Galega: as Fabas Lobas e o Mel do bosque.


Tiven a oportunidade de estar acompañado polo alcalde da Veiga, Juan Anta que explicoume que cando comezou este proxecto non había nin un só apicultor na Veiga e hoxe hai máis de 25. 

Tampouco había practicamente mel e actualmente case toda a mel da Veiga está etiquetada e envasada baixo esta marca e participando máis de 25 persoas, movendo unha cantidade próxima aos 10.000 – 12.000 quilos este ano e triplicándose cada ano as colmeas na Veiga.

En canto á Faba Loba, dixo que esta iniciativa comezou este ano con 25 veciños que sementaron máis dunha hectárea de terra abandonada para recoller máis de 1.200 quilos de fabas, esa Faba Loba que, por primeira vez, ponse  á venta na Veiga.

Salientar que Deputación de Ourense colabora de éxito importante nesta iniciativa tan importante para o desevolmenento económico sostible e a fixación de poboación nese fermoso e extenso concello rural de alta montaña que conta coa cume máis alta de Galicia (Pena Trevinca, con 2.127 metros) e o maior conxunto de ecosistema de turbeiras e de lagoas de orixe glaciar de Galicia e o segundo da Península Ibérica.




Un Concello, con gran potencial turístico, con rutas de alta montaña recorrendo Trevinca, dúas praias onde gozar do piragúismo, do padel surf ou un paseo en catamarán, noites estreladas onde contemplar as estrelas, unha rede etnográfica repartida por 7 aldeas, recolleita de cogomelos, pesca, caza e moitas máis cousas...Recomendo a todos visitalo.


Destacar tamén que puiden ver os resultados da segunda edición do proxecto "Un Nadal enxebre" que conseguiu que todo o pobo estea decorado con produtos locais convertendo a Veiga no belén enxebre máis grande de Galicia".

Parabéns ao alcalde, ao equipo organizador e a todos os veciños do Concello .












Con la tecnología de Blogger.