Agradecemento á centenaria Coral “De Ruada”


Onte pola tarde a centenaria Coral “De  Ruada” tivo un fermoso detalle con tres persoas: o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira, o senador autonómico e ex alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad e eu mesmo.

Foi, no andar superior do Teatro Principal, da rúa da Paz de Ourense. O presidente Samuel Lago Fernández manifestou que os antes mencionados eran merecentes do agradecemento e recoñecento polo apoio prestado á Coral desde as insritucións nas que traballan: Cortes Xerais, Parlamento de Galicia e Concello de Ourense.


No meu caso, indicou que foi polo apoio prestado nas xestións para que a Comisión Filatélica do Estado do Ministerio de Fomento, aprobara a emisión en 2019 dun selo conmemorativo do Centenario da primeira actuación da Coral. 

Logo de sentidos discursos de agradecemento, recibimos uns artísticos agasallos e deixamos unha lembranza no libro de firmas da Coral.

Tamén interpretouse pola coral que dirixe Xoán Antón Vázquez Casas unha fermosa canción navideña.

Quedo moi agradecido!!! 

Longa vida a “De Ruada”










Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.