viernes, 13 de diciembre de 2019

Luis de Guindos ve sinais de estabilización na zona euro e expectativas de crecemento a mediados de 2020

Asisto esta mañá en Madrid ao interesante encontro informativo organizado por Nova Economía Fórum en Madrid, protagonizado polo vicepresidente do Banco Central Europeo (BCE), Luís de Guindos que foi presentado polo presidente da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia ( CNMC), José María Marín Queimada.

En primeiro lugar dixo De Guindos que a desaceleración económica da zona euro que comezou en 2018 está a tocar fondo porque os riscos esperados (un  brexit desordenado e a guerra comercial entre EEUU e  Cihina) non se materializaron. E engadiu que “ven sinais de estabilización a niveis reducidos” e que “a mediados de 2020 comezará o crecemento económico, o que permitirá á economía da zona euro crecer por encima do 1,5%.

Manifestou que “aínda que o comercio internacional está a crecer menos do PIB e que a demanda interna vai mellor”.

Falou logo da política monetaria do Banco Central  e dixo que a política monetaria despregada polo BCE durante a crise foi un revulsivo para a economía, asegurando que está tamén detrás da capacidade da eurozona de crear 11 millóns de postos de traballo desde o inicio da recuperación.

 Aínda que asegurou que o BCE non esgotou a súa capacidade de actuación e aínda podería abaratar uns tipos que xa están no 0% ou reforzar as medidas de estímulo con máis programas de compra de débeda, tamén afirmou que agora o que toca é adoptar unha política fiscal común e reformas estruturais.

“A política monetaria non pode ser o único elemento de actuación. Así que pedimos actuacións de política fiscal e en reformas”, indicou, afirmando que, por exemplo, “nun problema como o do Brexit non se pode actuar con política monetaria”.

Guindos cominou a que “os Gobernos con marxe fiscal deben actuar” asegurando que a posta en marcha de políticas fiscais hoxe “non vai producir o efecto  indeseado” que si se temeu noutros momentos do ciclo. “Non levaría a un incremento de tipos de interese nin habería unha redución da demanda privada de consumo e investimento”, dixo.

Durante a súa exposición considerou, doutra banda, que os resultados das eleccións no Reino Unidos “son positivos no curto prazo” xa que “eliminan incertezas” e sabemos que Londres “deixará a Unión Europea o 31 de xaneiro”.