Galicia e Ourense en alerta polos efectos da borrasca Fabien e afectada pola crecida dos ríos

Hoxe sábado Galicia está baixo a influencia dunha profunda borrasca, denominada Fabien, cun enorme temporal de auga e vento. 

Así,ocorre en Ourense con chuvascos moi fortes na segunda metade da xornada.

Esta mañá puiden constar o extraordinario caudal do río Miño ao seu paso por Ourense, en nivel de alerta, pois estamos ante a segunda crecida máis alta desde o ano 2000.

Coincidín en  Oira, con moitas outras persoas que se achegaron para ver a presa  de Velle que cunha forza extraordinaria tiña todas as súas comportas abertas. A captación de augas case cuberta e desbordado o río na praia fluvial.

Tamén estiven vendo o rio Loña que tiña un caudal impresionante.

Esperemos que a partir de mañá as precipitacións amainen e as augas volvan ao seu leito.









Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.