Gozando da centenaria Coral DE RUADA no magnífico concerto de Nadal de Ourense


Asisto onte na Santa Igrexa Catedral de Ourense ao tradicional concerto de Nadal da Coral DE RUADA. Deu a benvida o Deán, Don José Pérez Domínguez e tamén pronunciou unas palabras de agradecemento o Bispo D. Leonardo Lemos Montanet.

Tivemos, centos de ourensáns e visitantes da cidade, ocasión de desfrutar dunha magnífica actuación da Coral neste templo incomparable e tendo como fondo o impresionante retablo maior que preside a imaxe da Virxe da Nosa Señora da Asunción.

Escoitamos un axeitado programa integrado por cantos de Nadal e Reís da polifonía universal (Franz Xaver GruberGeorg Friedrich Händel, Gabriel Olaizola) vilancicos e panxoliñas populares e de autores – poetas e músicos – que tiveron e mesmo teñen ainda algúns deles estreitos vínculos con Ourense e dun xeito especial con DE RUADA: Antonio Jaunsarás, José Fernádez Vide, Camilo Andrade, Xosé Ramón Estévez, Serafín Marqués, o actual director e outros.

Salientaría moitos momentos, pero citarei a magnífica voz do solista Pedro Gómez Nieves, interpretando en galego a coñecida canción vasca “Aurtxoa Seaskan”.

E tamén a cantiga popular recollida en Graíces, A Peroxa por Anxo Fernández “Noites de Ruada” e composta polo director Xoan Antón Vázquez, que cantando "o meniño lindo", di:

“E tamén hei de pedirlle dúas cousas polo menos, moita paz para a nosa España e un recuncho alá no ceo”. 

Gracas e parabéns á todos os integrantes desta centenaría Coral, orgullo de Ourense, comezando polo presidente Samuel Lago Fernández.

E que se cumpra a petición que fixeron onte: ”Pedimoslle ao neno que nos siga a protexer, como fixo até agora, para que estes cen anos se prolonguen en moitos anos máis”



Con la tecnología de Blogger.