lunes, 30 de diciembre de 2019

Os deputados do Partido Popular denunciamos a desidia do Ministerio de Fomento na tramitación da Autovía A-76

A poucas horas de rematar 2019 os deputados no Congreso do PP, Celso Delgado e Ana Vázquez constatamos a falta de dilixencia do Ministerio de Fomento e especialmente da Dirección Xeral de Estradas deste organismo pola falta de impulso e a dilación dos trámites da autovía A-76 entre Ourense-Ponferrada.


Lembramos que o proxecto desta autovía é moi importante para Valdeorras e O Bierzo, tamén para Ourense e Lemos, e por suposto para Galicia e  Castela-León. 

Desde que se deu o primeiro paso, no ano 2005, xa pasaron máis 13 anos, e coidamos que xa chegou o momento de que vexamos máquinas traballando nalgún dos tramos. 

Neste ano que vai a rematar esa posibilidade era máis viable, pero para logralo terían que haberse acelerado os trámites do tramo A Veiga de Cascallá-O Barco e do Villamartín de la Abadía- Requejo para poder licitar as obras, algo que desgrazadamente non ocorreu en 2019.

Lembremos que o Ministerio de Fomento aprobou o 10 de maio de 2018 no Boletín Oficial do Estado o expediente de información pública do proxecto de trazado “Autovía Ponferrada – Ourense (A-76). Tramo: A Veiga de  Cascallá – O Barco de Valdeorras”


E tamén que o 14 de marzo de 2019 publicou o BOE a Resolución do Ministerio de Fomento pola que se aprobaba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado “Autovia A-76 Ponferrada- Ourense, Tramo:  Villamartín de la Abadía-Requejo”, na provincia de León. Todo iso cunha serie de prescricións a cumprimentar no Proxecto de Construción.

O pasado 30 de maio, os deputados preguntábamos ao Goberno sobre esta autovía:

Sobre a licitación do tramo A Veiga de  Cascallá – O Barco de Valdeorras respostaban o 3 de xullo que “era necesario completar e aprobar o proxecto de construcción correspondiente, que está en redacción” e engadían que “o Ministerio de Fomento ten previsto someter a maior brevidade, ao preceptivo trámite de información oficial e pública do enlace de acceso a Biobra, necesario para completar a conexión da citada autovía coas estradas N-120 nas proximidades do núcleo da Veiga de Cascallá e coa OU-622, dotando de accesibilidade á autovía á zona de Biobra”

Pois ben, pese a que  falábase “de someter a maior brevidade”, o certo que no BOE non apareceu ainda anuncio algún desta información pública, o que acredita a desidia en posibilitar avances na A-76.

Respecto do tramo Villamartín de la Abadía-Requejo, o Goberno respostaba unha pregunta nosa o 3 de xullo de 2019 e dicía “que previamente á licitación das obras deste tramo é necesario completar e aprobar o proxecto de construción correspondente, que está en redacción”

Noutra resposta da mesma data indicaba que “Fomento continúa desenvolvendo as labores de redación do proxecto de construcción, atendendo ás prescripcións que se indican na citada Resolución

Tampouco neste tramo, Fomento amosa dilixencia e tramita con parsimonia a conclusión do proxecto citado.

Os deputados populares seguiremos nesta nova XIV Lexislatura impulsando con novas iniciativas a autovía entre Ourense e Ponferrada, cuxa necesidade faise moito máis evidente, tendendo en conta os constantes problemas que se suceden na estrada  N-120.