Participo onte na xunta directiva do PPdeOU que fixo análise das eleccións eleccións xerais do 10 de novembro que deixaron un novo récord para o Partido Popular de Ourense, que situou á provincia como a primeira de España en apoio electorales a calquera candidatura.
Nela o presidente provincial, Manuel Baltar, afirmou que o PP de Ourense “se consolida como formación hexemónica na provincia e no liderado nacional dos populares”. Unha victoria, engadiu, referendada con 1.042 votos máis, segundo o reconto do CERA (Censo de Residentes Ausentes) situando de novo a Ourense no primeiro posto de Galicia co 35,05 % de apoio.
O PP ourensán situouse por riba das 52 provincias españolas cun 39,41 % de apoio electoral, superando a Lugo, onde tamén gañaron os populares, e a Cáceres, Badaxoz e Xaén, onde os socialistas foron os máis votados.
Estes datos, destacou Baltar, “non só nos sitúan de novo como a forza política máis votada en Ourense e en España, senón que ademais somos a única da provincia que conseguíu máis votos e maior porcentaxe de apoio electoral, casi 5 puntos, que nas eleccións de abril, o que nin tan siquera pode dicir algún dos candidatos doutras formacións que nin chegaron a ser os máis votados nos seus propios concellos”.
O presidente provincial explicou que esta nova victoria ten a súa base “no compromiso e na implicación de todas as persoas que integran a organización popular –agradecendo tamén o labor dos 1.331 interventores e apoderados-, pero sobre todo nos 67.580 ourensáns que confiaron nun partido ambicioso, que con total transparencia fai públicos os seus obxectivos electorais e que no seu programa ten unha palabra clave: Ourense”.

PRIMEIRA FORZA MÁIS VOTADA EN 74 CONCELLOS.
Trala intervención do presidente, os membros da xunta tiveron ocasión de analizar os resultados do domingo, a través dun amplo documento no que se recollen todo tipo de datos e extrapolacións por concellos, xuntas electorais e institucións.
Entres os aspectos destacados por Manuel Baltar, figuran entre outros os seguintes:
• O PP incrementou en 4 puntos o apoio recibido nas urnas con respecto ás eleccións de abril.
• Tamén no Senado conseguíu que o número uno da lista popular, Miguel Ángel Viso, fose o candidato máis votado de España (41,13 %).
• No reconto do CERA o PP conseguíu un 35,05 % dos votos, é dicir, 1.042 votos máis para o Congreso e 3.229 máis para o Senado.
• Por concellos, o PP logrou 74 victorias, obtendo máis do 50% de apoio en 37 concellos. Beariz, tal e como aconteceu en maio, foi o concello que logrou maior apoio (79.88 %).
• Os populares tamén foron a lista máis votada en cinco dos concellos máis poboados da provincia: O Carballiño, Verín, Xinzo de Limia, Celanova e Pereiro de Aguiar.
• Na extrapolación de resultados a nivel municipal, o PP obtería 61 maiorías absolutas, oito máis que as conseguidas nas pasadas eleccións locais de maio; 13 maiorías relativas; e 488 concelleiros, vinte e seis máis que os actuáis.
• Na Deputación de Ourense manteríase como a forza con máis deputados e no Parlamento galego sería a primeira en representación ourensá.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta