jueves, 14 de noviembre de 2019

Fomento realiza un chamamento á prudencia e a extremar as medidas de precaución ao circular por estrada

Informa hoxe o  Ministerio de Fomento que está a actuar na Rede de Estradas do Estado para facer fronte ás nevadas que se están producindo e as previstas nas Comunidades de Asturias, Cantabria, Castela e León, Cataluña e Galicia para hoxe xoves 14 e mañá venres 15 de novembro de 2019.

Dá conta que ara afrontar estes fenómenos, o Ministerio de Fomento conta con 771 equipos quitaneves e unha capacidade de almacenamento de 148.914 toneladas de  fundentes.

Hoxe mesmo con ocasión dunha viaxe que debín realizar no meu vehículo puiden constatar a adversa climatoloxía cando circulaba pola A-8 Autovía do Cantábrico polo Alto  do  Fiouco, un punto a 698  m de altitude. Néboa non demasiado intensa pero se unha intensa choiva, frío e moito vento.  Esta foto acredítao.

Convén circular polas estradas extremando as medidas de prudencia e seguir os avisos da  Axencia Estatal de Meteoroloxía ( AEMET), e da DXT e confíamos no bo facer dos medios do Ministerio de Fomento.