Sobre a renovación da catenaria no tramo ferroviario Ourense-Monforte de Lemos



Onte o Consello de Ministros, autorizou ao Ministerio de Fomento a licitar, a través de  Adif, a renovación total da liña aérea de contacto ( catenaria) no tramo ferroviario Ourense-Monforte de Lemos.
Na nota de prensa de Fomento dise “ que será clave para que os servizos ferroviarios na liña de Lugo poidan beneficiarse das prestacións da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia. Isto será posible porque esta actuación permitirá, nunha fase posterior, o paso da electrificación de 3  kV en corrente continua a 25  kV en corrente alterna.
O contrato ten un valor estimado de 20.315.871,14 euros (sen IVE), e conta cun prazo de execución de 20 meses.
O obxecto desta actuación é a substitución da liña área de contacto actual (3  kV en corrente continua) no tramo Ourense-Monforte por unha de tipo híbrido, con capacidade tamén para albergar, con mínimas transformacións, unha futura electrificación a 25  kV en corrente alterna, compatible coa rede de alta velocidade.
Este contrato enmárcase nunha serie de melloras executadas por  Adif para a modernización do traxecto ferroviario Ourense-Monforte-Lugo, co obxectivo de incrementar a súa fiabilidade e competitividade, optimizando as condicións de explotación comercial da liña.
A renovación da  catenaria entre Ourense e Monforte compleméntanse con proxectos como o de electrificación e o de instalacións de seguridade do tramo Monforte-Lugo, coa construción dunha subestación de tracción en Oural e centros de  autotransformación asociados, o que permitirá a conexión da capital lucense coa Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia.
Tamén están en marcha os proxectos de adecuación e mellora da vía no tramo Ourense-Monforte-Lugo, con licitacións en curso para a subministración de materiais tales como  balasto, carril, travesas ou aparellos de vía.
Igualmente, atópanse en desenvolvemento outros proxectos de tratamento de elementos de infraestrutura, en diversas fases de contratación, como a mellora de 23 pontes entre Ourense e Monforte, por un importe de 1,4 millóns de euros (IVE incluído), ou as obras de reparación de 12 trincheiras no tramo Ourense-Monforte por 4,67 millóns de euros (IVE incluído). Ademais, avánzase en proxectos para a adecuación de plataformas e mellora de accesibilidade nas estacións existentes entre Ourense-Monforte-Lugo.
Así mesmo, está en execución a redacción dos proxectos para a supresión de ata 36 pasos a nivel. Como actuación destacable, apuntar que en Oural é necesario construír un novo túnel, cuxo proxecto se atopa na actualidade en redacción. En Monforte de Lemos están a valorarse alternativas dunha variante ou  by- pass.
Ademais, no tramo Monforte-Lugo xa se atopa en servizo a variante da Pobra de San Xiao, que permitiu eliminar 14 pasos a nivel do anterior trazado e incrementar a velocidade de paso dos trens ata o 160 km/ h.”

Antecedentes:
Dito todo o anterior, lembro que o 7 de maio de 2918 celebrouse en Lugo unha importante reunión na que o entón Ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, en presenza do presidente Alberto Núñez Feijóo, da alcaldesa de Lugo e doutras autoridades presentou as actuacións previstas para a conexión ferroviaria  entre Ourense e Lugo.

 Así daba conta neste Blog:


Nese acto o ministro explicou as actuacións a desenvolver. E entre elas a renovación da superestrutura de vía no trazado completo actual Ourense-Monforte de Lemos-Lugo. Naquel momento estaba o proxecto en redacción.

Dito todo o anterior, celebro este novo acordo do Consello de Ministros que da continuidade o traballo iniciado na etapa de goberno do Partido Popular.
 A renovación da liña de ferrocarril entre Lugo e Ourense, é unha auténtica necesidade e incidirá na comodidade e na velocidade dos percorridos, contribuindo ao incremento de viaxeiros e favorecendo a cohesión territorial da Galicia interior, e o acceso dos lucenses ás prestacións da LAV Madrid-Galicia.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 


Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.