Na apertura da Asemblea Sinodal da Diocese de Ourense


Asisto este sábado na Catedral de Ourense  á Celebración de apertura da Asemblea Sinodal.

O acto litúrxico comezóu cunha procesión, acompañada pola Real Banda de Gaitas da Deputación, desde  a Igrexa de Santa Eufemia encabezada pola cruz procesional e as imaxes de Santa María Nai e San Martiño, patróns da Diocese de Ourense. A continuación situáronse os sinodais laicos e membros da Vida Consagrada, seguidos polo sacerdotes concelebrantes, tantos sinodais como outros que asistan ao oficio, e finalmente o Bispo, que presidirá a Eucaristía.

Xa na Catedral ao finalizar a homilía, os sinodais fixeron solemne profesión de fe ante o Bispo da Diocese, Don Leonardo Lemos; e posteriormente, ou concluír o rito de comuñón, os sinodais manifestaron públicamente o seu compromiso de cumprir os deberes correspondentes á súa misión. Ao finalizar o Bispo proclamou a apertura da Asemblea Sinodal.

 A partir de agora, xa vez constituída a Asemblea Sinodal, os sinodais membros reuniranse unha vez por mes, de outubro a maio, en sábado, en xornada de mañá e tarde, no Seminario Maior, para estudar, debater e votar as propostas que foran aprobadas nas distintas asembleas arciprestais.

Unha vez rematados os traballos da Asemblea Sinodal as propostas aprobadas serán presentadas para que o Sr. Bispo as recolla, se o cree oportuno, nunha Carta pastoral e inicie o proceso para aplicalas na Diocese.

Finalmente sinalar que a Asemblea sinodal se clausurará o domingo 7 de xuño de 2020, cunha celebración que ao mesmo tempo quere ser inicio da fase de recepción do Sínodo e posta en marcha das súas proposicións.

Os meus mellores desexos, como  dicocesano que son,  de que sexan moi frutíferos os traballos dos  sinodales en beneficio da "Igrexa de Cristo en Ourense da man de San Martiño e con Santa María Nai", como proclama a canción para o Sínodo diocesano de Ourense.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 


Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.