Mellorada a seguridade viaria e a integración da estrada OU-105, en Seixalbo


Regresando onte de Taboadela puiden ver o resultado das obras de reforzo da seguridade viaria e integración, que executou a Xunta de Galicia para a mellora integral da estrada OU-105, en Seixalbo, nun treito de 1,5 quilómetros (entre a zona do tanatorio e O Cumial) mediante un investimento autonómico de 850.000 euros.


Vi a glorieta no acceso principal a Seixalbo e a mellora da intersección coa rúa Igrexa. Tamén as melloras executadas en beirarrúas e sendas, nos pasos de peóns, con semáforos con pulsador e con iluminación específica, e a instalación das novas marquesiñas para as paradas de autobús.


Sen dúbida estas obras mellorarán a mobilidade e accesibilidade de Ourense nun treito da Vía da Prata, e sirven para a poñer en valor a Seixalbo como un dos núcleos históricos da cidade.


Agora agradamos a segunda fase, coa que se mellorará a intersección do tanatorio das Burgas.

Un proxecto que prevé un investimento duns 500.000 €.





Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta




Con la tecnología de Blogger.