Vendo as obras de construción do cambiador de ancho de Taboadela



Vexo onte pola tarde o estado das obras de construción do cambiador de ancho de Taboadela que foron adxudicados en novembro de 2018 por un importe de 5.131.669,87 euros (IVE incluído) á empresa Acciona Construción. Contrato que inclúe  a montaxe de vía no ramal de conexión entre a  LAV Madrid-Galicia e a liña convencional Zamora-Ourense, así como os traballos de reordenación da praia de vías na estación de Taboadela.

Una solución que permitirá a conexión da  LAV Madrid-Galicia, ao final do tramo Ponte Ambía-Taboadela, coa liña convencional Zamora-Ourense, para favorecer a continuidade das circulacións ata esta cidade mentres se tramita e constrúe a denominada Variante Exterior.

Este cambiador está nas inmediacións da estación de Taboadela (para o que se reutilizan parte das instalacións do antigo cambiador de Medina del Campo), que permitirá a circulación de trens de ancho variable pola  LAV Madrid-Galicia, de forma que a estación de Ourense poderá recibir trens de calquera ancho e seguirá funcionando como nó ferroviario distribuidor cara a todas as liñas de ferrocarril da Comunidade Autónoma de Galicia.

A instalación que está en fase construción constará dun foso de 12,4  m x 17  m no que se coloca o  cambiador, quedando todo o conxunto no interior dunha nave metálica. A ambos os dous lados do foso dispóñense dous tramos de vía embebida de 9,85 e 9,44  m, respectivamente, e 4  m de anchura. 

Complétase a instalación con dous fosos de observación situados nos extremos do conxunto.

O  cambiador incorpora unha zona para instalacións, situada nunha laxa armada con cinco módulos que albergan os distintos equipamentos.

Estas fotos reflicten o que vin onte. Agardemos que as obras rematen ben e  nas datas fixadas,






Tamén puíden ver a situación das obras desde o cambiador ata á estación de Taboadela.










Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.