O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe
os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de agosto de
2019.
Son os seguintes:
Ourense:
Medra o paro rexistrado en agosto en relación co mes anterior en
366 persoas, un 2,14 %. (O paro rexistrado en
agosto de 2018 medrou en relación co mes anterior en 132 persoas, un 0,70 %)
A nivel interanual, isto é, con respecto a agosto do ano pasado,
1.405 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do
desemprego do – 7,44 %.
O número de parados queda en 17.467, deles 7.294 son homes e
10.173 mulleres, 16.609 son maiores de 25 anos e 858 menores.
Por sectores, 830 son da agricultura, 2.057 da industria, 1.409
da construción, 11.461 nos servizos e 1.710 do colectivo sen emprego
anterior.
Galicia:
A nivel interanual, isto é, con respecto a agosto do ano pasado,
10.604 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do
desemprego do – 6,45 %. Galicia é a segunda Comunidade na que máis baixou o paro. Así,
rexistrou fronte ao -3,65% de
España, preto de tres puntos mellor.
O desemprego interanual baixa nos colectivos prioritarios para a Xunta: os
menores de 30 anos, as mulleres e os parados de longa duración. De feito, 9 de
cada 10 persoas que saíron do paro no último ano atopábanse nesta última
situación.
O
paro interanual tamén caeu nas catro provincias e sete grandes cidades galegas e en todos
os sectores de actividade, liderando o descenso a construción (-13,20%),
seguido da agricultura e a pesca (-9,20%), da industria (-7,25%) e dos servizos
(-4,92%). En canto á baixada por provincias, Lugo lidera a caída cun descenso
do -8,05%, seguida da de Ourense (-7,44%), da Coruña (-6,34%) e de Pontevedra
(-5,86%).
España:
O número de parados rexistrados nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego reduciuse en 116.264 persoas respecto ao mesmo mes do ano anterior, o que sitúa o seu nivel de baixada interanual no -3,65%. Así, a cifra total de parados rexistrados é de 3.065.804, o seu nivel máis baixo nun mes de agosto dos últimos 10 anos.
En termos interanuais tamén é o peor mes de agosto en paro rexistrado desde 2013.
No mes de agosto, o
paro subiu en 54.371 persoas en relación co mes anterior. O ano pasado o paro
aumentara nese mesmo mes en 47.047 persoas.
É o peor mes de agosto en termos mensuais en paro rexistrado desde 2010 en termos absolutos e desde 2009 en termos relativos.
É o peor mes de agosto en termos mensuais en paro rexistrado desde 2010 en termos absolutos e desde 2009 en termos relativos.
O desemprego masculino
sitúase en 1.247.538 persoas, ao subir en 31.051 (2,55%) e o feminino en
1.818.266 ao incrementarse en 23.320 (1,30%) en relación co mes de xullo. Se o
comparamos con agosto de 2018, o desemprego masculino baixa en 59.456 (-4,55%)
persoas, e o feminino descende en 56.808 (-3,03%).
Increméntase o
desemprego dos mozos menores de 25 anos en 6.182 (2,82%) persoas en relación co
mes anterior. Así mesmo, sobe en 48.189 (1,73%) entre os que teñen 25 e máis
anos.
O paro rexistrado medra en 16 comunidades autónomas e fíxoo especialmente na Comunidade
Valenciana (13.093), Cataluña (12.588) e Madrid (7.199). A Comunidade de
Castela e León baixa en 6 persoas.
Por sectores
económicos de procedencia dos traballadores, o paro rexistrado reduciuse en
Agricultura en 6.655 (-4,45%) e increméntase en Industria en 7.756 (3,00%), en
Construción en 11.365 (4,54%) e en Servizos en 45.707 (2,19%). Por último, o
colectivo sen emprego anterior redúcese en 3.802 persoas (-1,45%).