Lembrando a Sor Antonia Guerra, Serva de María: unha muller bondadosa asasinada o 8 de setembro


Asisto hoxe luns ás 19:30 horas, na parroquia de Cristo Rey  á unha Misa polo eterno descanso de Sor Antonia Guerra Pinho, Serva de María e unha das últimas relixiosas que atendeu a casa das Servas en Ourense.

Sor Antonia foi asasinada o 8 de setembro en San  Joao de  Madeira (Portugal) onde se atopaba coidando á súa anciá nai.

A misa foi presidida polo Bispo da Diocese Don Leonardo Lemos Montanet, ponderando na homilía as cualidades desta relixiosa e os servizos prestados na sua estancia en Ourense.

Tiven a sorte de coñecer a alegre e bondadosa Sor Antonia e por iso sinto especialmente a súa morte producida dunha maneira extremadamente violenta e cruel. 

Descanse en paz esta muller relixiosa, servidora dos enfermos e necesitados e fondamente xenerosa.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 


Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.