martes, 24 de septiembre de 2019

Asinado o Real Decreto de disolución: as eleccións xerais serán o 10 de novembro, e o 3 de decembro constituiranse as Cortes da XIV Lexislatura

Hoxe a presidenta do Congreso dos Deputados, Meritxell Batet, referendou no Palacio da Zarzuela o Real Decreto de disolución das Cortes Xerais e convocatoria de eleccións para o día 10 de novembro, transcorridos os dous meses desde a primeira votación de investidura da 13 Lexislatura sen que ningún candidato obtivese o respaldo necesario para ser proclamado presidente do Goberno, e de acordo co procedemento previsto no artigo 99.5 da Constitución.

Unha vez concluída a segunda rolda de consultas convocada por  S.M. o Rei tras as eleccións xerais do pasado 28 de abril, e ante a constatación de que non hai un candidato co respaldo parlamentario necesario para ser investido como presidente do Goberno, Felipe VI, co referendo da presidenta do Congreso dos Deputados, formalizou o mandato constitucional de disolución das Cámaras e convocatoria de eleccións xerais.

No decreto de convocatoria establécese tamén a data de constitución do Congreso e o Senado da que será a  XIV Lexislatura, o martes 3 de decembro ás 10.00 horas. 

O decreto consigna tamén o número de deputados que se elixe en cada circunscrición electoral, que neste caso non varía respecto a as últimas eleccións, celebradas o pasado 28 de abril.


https://www.boe.es/boe/dias/2019/09/24/pdfs/BOE-A-2019-13558.pdf

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta