domingo, 25 de agosto de 2019

Na Festa da Vendima de Leiro


Asisto hoxe en Leiro á Festa da Vendima que cumpre 30 edicións como escaparate do viño do Ribeiro, produto esencial na economía da comarca e particularmente deste municipio.

A festa comezóu ás 10.00 horas coa recepción de acios a concurso que posteriormente foron expostos. O concurso de Acios de tintos e brancos, que só admite variedades autóctonas do Ribeiro, outorgou premios dotados con 90 euros o primeiro, 60 euros o segundo e 30 euros o terceiro premio.

Ás 11.30 horas foi a benvida ás autoridades e convidados na Casa do Concello, para continuar ás 12.00 horas coa lectura do pregón na praza do Cruceiro que nesta edición correu a cargo do anterior presidente do Goberno de España, o galego  Mariano Rajoy Brey

Ás 12.30 horas tivo lugar o tradicional desfile de Carrozas e Charangas desde a rúa Gabino Bugallal ata o Campo da Feira, así como a 3ª edición da Mostra de coches clásicos. Un dos actos máis populares da festa foi o concurso e desfile de carrozas, unha exposición que mostra as tarefas propias da vendima.

A partir das 14.00 horas houbo  varias actividades instaladas no Salgueiral como o XVI Mercado Artesanal e a 2ª Mostra dos Viños de Leiro e, ás 14.30 horas, comezou o xantar popular. 

Pola tarde retomaronse as actividades ás 16.30 horas coa entrega de premios aos gañadores dos concursos de Acios e Carrozas.

Parabéns ao alcalde de Leiro, o senador Francisco José Fernández pola perfecta organización desta festa que homenaxea á xente que vive por e para o viño.







Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta