As obras da conexión directa do polígono de San Cibrao coa autovía A-52 están ao 50% do grado de execución


Hoxe coñecemos que a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez Mourelle, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, do alcalde de San Cibrao e dos empresarios, comprobou hoxe na contorna do rego de San Benito os adiantos na execución da nova conexión directa do polígono de San Cibrao coa autovía que une Vigo con Madrid.

Esta infraestrutura, duns 4,5 km,  transcorre polos municipios de Taboadela e San Cibrao, contará 2 carrís de circulación en todo o percorrido, ao que se suma un terceiro carril en case a metade da traza.

A conselleira indicou que as obras están a avanzar a bo ritmo e a día de hoxe están a traballar uns 40 operarios e 18 vehículos pesados, aproximándose o grado de execución actual ao 50%.

Avanzou que a nova conexión directa do polígono de San Cibrao coa autovía que une Vigo con Madrid estará en servizo, e á disposición de transportistas e veciños, a mediados do 2020, incrementando a competitividade e o atractivo do que é a principal área industrial da provincia de Ourense, cun investimento autonómico de case 22 millóns de euros.

A conselleira quixo amosar a pé de obra os avances acadados desde a súa última visita ás mesma no mes de xaneiro, e referiu os avances considerables dos traballos estes meses, onde xa se pode ver como se debuxa na paisaxe o viaduto de San Benito, perfectamente integrado no contorno.

Nesta infraestrutura, tal e como dixo, están xa feitas as cimentacións e executados os fustes e capiteis das pilas do viaduto, restando só os estribos e o taboleiro. A principios de setembro está previsto iniciar a montaxe do taboleiro mediante o carro lanzavigas.

Tamén está avanzado o movemento de terras en toda a traza  e os traballos no resto de estruturas, e citou os 4 pasos inferiores que xa están executados, e no paso superior comezouse a escavación da cimentación dos estribos.

Esta nova vía, tal e como subliñou, permitirá unha conexión directa e áxil do parque empresarial, reducindo en máis do 60% o percorrido actual coa A-52; ademais de supoñer reforzo da seguridade viaria e mellorar a conectividade con Celanova e Bande, favorecendo a mobilidade en toda esta zona.

Ethel Vázquez, lembrou que esta infraestrutura estratéxica e ambiciosa é froito dunha completa planificación, recollida no Plan sectorial viario de Ourense, demandada e agardada, coa que desde o departamento que dirixe se está a atender as necesidades de comunicación deste polígono de San Cibrao e dos veciños da contorna.

En definitiva, dixo, aposta da Xunta por mellorar a competitividade do tecido empresarial galego a través da dotación de infraestruturas viarias modernas, seguras e de calidade, que favorecen a mobilidade e, con iso, a actividade industrial. “Traballando para construír a Galicia da vindeira década, unha Galicia máis innovadora”, concluíu.

Quedo satisfeito dos avances desta obra, que visitei o pasado 4 de marzo e que atenderá as necesidades de comunicación do polígono industrial de San Cibrao e de toda a comarca e que reducirá en máis do 60% o percorrido da conexión actual coa A-52 o que, unido a unha maior velocidade, de ata 100 km/hora, se traducirá tamén nunha aínda maior redución do tempo necesario para percorrelo.

http://www.celsodelgado.gal/2019/03/constatando-o-avance-na-execucion-do.html

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.