Constatando o avance na execución do viaduto do rego de San Benito na conexión do polígono de San Cibrao das Viñas coa A-52


O pasado 27 de xuño daba conta neste blog dunha gran noticia para o desenvolvemento económico de Ourense, que foi inicio das obras da conexión entre o polígono de San Cibrao das Viñas e a A-52.

Onte pola mañá, pasados oito meses, visito estas obras nas que a Xunta de Galicia fará un investimento de máis de 21,8 millóns de euros.

Esta estrada de novo trazado, transcorre polos termos municipais de Taboadela e de San Cibrao das Viñas, terá unha lonxitude aproximada de  4,5 km. O seu comezo será no enlace de Gargantóns, que conecta a autovía a A-52, a autovía AG-31 que vai a Celanova e a estrada local de Rante, onde se reordenarán os accesos a través dunha glorieta.

Na actualidade xa se teñen realizados os traballos de construcción de boa parte dos piares do viaduto do rego de San Benito de 500 metros de lonxitude, que teñen unha altura considerable, dada a complicada orografía desta zona. Tamán ouíden ver enormes explanacións da traza, executados os desbroces, as demolicións, e iniciadas as escavacións nos desmontes.
Quedo satisfeito dos avances desta obra que atenderá as necesidades de comunicación do polígono industrial de San Cibrao e de toda a comarca e que reducirá en máis do 60% o percorrido da conexión actual coa A-52 o que, unido a unha maior velocidade, de ata 100 km/hora, se traducirá tamén nunha aínda maior redución do tempo necesario para percorrelo.







Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.