Onte con ocasión do Pleno de investidura, os deputados galegos do Partido Popular mantivemos unha reunión de traballo para organizar a nosa futura actividade parlamentaria e moi especialmente coa que ten que ver máis directamente coa defensa dos intereses de Galicia.
Nesta fotografía, na que nos acompaña a senadora autonómica Elena Muñoz, estamos os nove representantes na Cámara Baixa: Ana Pastor, Marta González, Ana Vázquez, Tristana Moraleja, Valentina Martínez, Joaquín Garcia, Jaime Olano, Diego Gago e Celso Delgado.
A próxima semana está previsto que se constitúan as Comisións e así saberemos as responsabilidades concretas que teremos nas mesmas e no Grupo Parlamentario.
Recibirá resposta