Feijóo reivindica a política útil e de proximidade de Javier Fernández e Juan Vicente Herrera, na entrega das Medallas de Galicia 2019


Da actualidade política de hoxe destaco a entrega en Santiago de Compostela das Medallas de Galicia 2019.

Medalla de Galicia é a máxima distinción de honra que concede a Xunta de Galicia a persoas ou institucións que polos seus méritos ao servizo de Galicia en calquera aspecto da súa realidade social, cultural ou económica, sexan dignas de obter o recoñecemento do pobo galego.

Nesta ocasión os premiados foron os expresidentes de Castela-León, Juan Vicente Herrera e de Asturias, Javier Fernández.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo pronunciou o seguinte discurso:

"Autoridades presentes, 
Señoras e señores.

A Galicia que rexurde coa democracia e a autonomía ten establecido unha tradición á que hoxe engadimos un novo fito. Esa tradición consiste en louvar no día grande do noso país os valores e as persoas que fan de nós un pobo fraterno e universal. Galicia quere reafirmar as súas referencias e manter acesos os faros que guían o seu andar milenario para ser fiel ao legado que recibimos e tamén para deixar unha herdanza digna aos galegos que nos sucedan.
Un deses valores está resumido na palabra “nós”. A xeración de pensadores que se propuxo a comezos do pasado século que Galicia espertara con todas as súas enerxías e sentimentos, chamouse precisamente Xeración “Nós”. 


Inspirados por un entusiasta europeísmo teimaron sen acougo por recuperar os múltiples vencellos da nosa terra cunha Europa que entón semellaba afastada pero que fora veciña grazas aos Camiños de Santiago. Ese “nós” non era restritivo senón amplo; non era excluínte senón inclusivo; e non significaba pechar senón abrir.



Aqueles homes e mulleres comprenderan que a gran tarefa do galeguismo, a tarefa sempre inacabada e inacabable, consistía en ampliar sen cesar a idea de “nós”.
O “nós” galego tiña que entenderse alén de calquera fronteira ou demarcación, continuando un proceso que quizais se iniciou nos castros primitivos e que prosegue paso a paso cara a unidades de convivencia maiores. 


Cando os nosos afastados devanceiros se decatan de que a mellor defensa non é un muro ou valado, senón a cooperación co veciño, prodúcese un cambio transcendental que nos leva á Galicia europea dos nosos días.



Á pregunta de quen somos “nós”, a Galicia do século XXI responde cun sentimento identitario acumulativo no que se combinan, sen contradición algunha, querenzas, inquedanzas e intereses que nos asocian cos demais pobos de España, Europa e o mundo.
Por iso outorgarlle a máxima distinción da nosa Comunidade Autónoma aos mandatarios de Castela e León e do Principado de Asturias non pode, en ningún caso, resultar algo estraño. Dicir que somos comunidades veciñas non abonda para expresar o significado da relación que mantemos, desde que hai memoria, castelán-leoneses, asturianos e galegos. 


Xuntos transformamos a mera veciñanza en comunidade. Se a veciñanza pode ser circunstancial e deberse simplemente aos azares xeográficos, a comunidade require a existencia de valores comúns e un desexo de camiñar xuntos.



Temos eses valores e eses desexos, e a consecuencia é unha colaboración intensa na que é doado percibir os ecos de acontecementos remotos, pero tamén os ecos dos acontecementos recentes.
Porque as tres somos comunidades xacobeas que millóns de peregrinos de todo tempo e lugar teñen transitado e admirado, sen sentirse alleos en ningunha, nin captar máis que unha harmónica variedade en todas.
Porque castelán-leoneses, asturianos e galegos reuníronse no claustro de San Isidoro de León para constituír o primeiro Parlamento do mundo. Naquel 1188 quedaba moito para arribar á democracia que garante hoxe a nosa convivencia, pero é unha circunstancia conmovedora saber que os ancestros dos que estamos aquí intuíron no fermoso recinto leonés, que o diálogo é unha boa ferramenta para artellar os asuntos humanos.
Porque o xixonés Gaspar Melchor de Jovellanos, apóstolo principal da Ilustración Española, espallou as súas doutrinas liberadoras na súa Asturias natal, en terras de Castela e León e tamén en Galicia. Do mesmo xeito que o Padre Feijóo foi mestre aquí, pero tamén en León e Salamanca, e en Oviedo ata os seus últimos días.
Igual que as Cortes leonesas, os principios ilustrados tardarían algún tempo en frutificar, pero podemos sentir o lexítimo orgullo de que a súa semente se implantara e arraigara, para sempre, nos nosos territorios. 


Pero, como lles dicía, tamén escoitamos un eco que procede da historia máis próxima. A actual Unión Europea nace da proverbial intuición de homes como Robert Schuman e Jean Monnet que viron na cooperación entre veciños en torno a intereses tan concretos coma o carbón e o aceiro, o xermolo da asociación das nacións europeas. A lección desa iniciativa é que as grandes políticas precisan en ocasións arrancar con obxectivos aparentemente cativos.



La cooperación entre las comunidades de Asturias, Castilla y León y Galicia de la que son artífices Juan Vicente Herrera y Javier Fernández, huyó siempre de la grandilocuencia y conecta por lo tanto con ese genuíno europeísmo.
Y sin embargo, tras la reivindicación del Corredor Atlántico Noroeste o el énfasis en los criterios demográficos para la definición, justa, de una financiación autonómica justa, se ve un modelo relativo de consensos políticos, pero también un modelo que compartimos de la interpretación de España.
Cuando hace pocos días Wilhelm Hofmeister, representante de la Fundación Konrad Adenauer, decía desolado que “en España negociar es perder”, olvidaba el ejemplo de las comunidades del noroeste español que comprobaron que la política de suma cero no es la única posible en nuestro país.
Lejos de esa reduccionista visión de España que se circunscribe al puente aéreo Madrid-Barcelona, hay otra versión de la política nacional, menos aparente, menos soberbia y más efectiva, que es la que se esforzaron en practicar el presidente Javier Fernández y el presidente Juan Vicente Herrera.
Ambos son políticos de proximidad, como lo fueron por cierto Konrad Adenauer, Jean Monnet y Robert Schuman. Es preciso subrayarlo para refutar la idea de que, frente a la política “provinciana” que se ocupa de cosas “menores”, la política de Estado atiende a las cuestiones de más envergadura, de manera que la política autonómica o local pertenecerían a una categoría inferior, cuando no subordinada.
Resulta que son precisamente el olvido de la proximidad, el menosprecio de los asuntos más próximos, la confusión entre el tiempo electoral y el institucional, y la sustitución del diálogo por el soliloquio, los que conducen a la inexistencia de políticas de Estado y, por lo tanto, a una incertidumbre que acaba afectando a la vida cotidiana de los ciudadanos, origen y destino de la acción democrática.


O eixo do noroeste constitúe igualmente a proba de que hai unha España das autonomías que funciona e facilita a cooperación, allea a procesos desestabilizadores que non son culpa da nosa organización territorial, senón de ideoloxías e políticas que se alimentan do conflito permanente, visibles agora tamén en diferentes estados do mundo.



A ecuación que mide o peso dunha comunidade pola súa conflitividade e non polo éxito da súa convivencia é un erro que debera ser corrixido para encauzar mellor os desaxustes da nosa, malia todo, modélica democracia.


A recentemente elixida presidenta da Comisión Europea queixábase hai pouco da política baseada en slogans e respostas simples. Ursula von der Leyen, curtida na política rexional da Baixa Saxonia, expresaba o mesmo desacougo que os políticos de proximidade oriundos de Mieres ou Burgos senten diante da política que fragmenta e enfronta.



Tanto Javier Fernández como Juan Vicente Herrera, ademais de unir aos seus pobos, souberon tecer vencellos con Galicia, levando á política o que era xa un hábito secular dos nosos cidadáns. Son representantes senlleiros da política útil, por certo, a única política que merece tal nome.


Estamos moi necesitados da política de verdade, da política real, da política con maiúsculas. E por iso, entre as moitas razóns que fan oportunas as Medallas de Galicia 2019, figura tamén a de atopar un oasis no medio do deserto político que levamos transitando hai xa demasiados anos en España.



Cando o profesor e político Fernando de los Ríos, compañeiro de exilio de Alfonso Rodríguez Castelao, afirmaba que “en España o revolucionario é o respecto”, amosaba un desexo que nesta véspera do Día de Galicia estamos cumprindo.
Aquí están políticos que se respectan e traballan xuntos a prol do seu país, buscando puntos de encontro e sen renunciar ás súas diferentes conviccións. Son razóns dabondo para que a galeguidade que prepara o Xacobeo de 2021 os premie como merecen. Con eles o “nós” dos galegos medra e o “nós” dos galegos faise máis grande.
É unha honra poder salientar a carreira política de dous políticos, o presidente de Asturias e o presidente de Castela e León.
Ha sido emotivo escuchar al presidente de Castilla y León hablar en gallego. Escuchar a un castellano de Burgos hablar un gallego tan próximo, tan sentido. Ver cómo un castellano puede hablar esta lengua de España que es el gallego.
Y ha sido muy emotivo también ver a un hombre de Estado, que ha tenido enormes responsabilidades en los últimos años –no solamente en el Principado de Asturias, sino también en la conformación del Gobierno de España-, ser un hombre de palabra y un hombre íntegro, desde el punto de vista político y personal. Esa es la aspiración de todo político al poner un punto, aparentemente final, de su carrera.
De nuevo, reivindico la política útil de Javier Fernández y Juan Vicente Herrera. Moitas grazas."

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta



Con la tecnología de Blogger.