Demandando información ao Goberno sobre actuacións de seguridade vial e rehabilitación de firmes nas estradas do Estado en Ourense


O 30 de maio os deputados electos do Partido Popular por Ourense, Ana Vázquez Blanco e Celso Delgado Arce  rexistramos as primeiras iniciativas parlamentarias, entre elas estas sete preguntas ao Goberno nas que interesabámonos pola situación de diversos proxectos de estradas (seguridade víal e rehabilitación de firmes).

As cuestións formuladas e sobre as que se solicitaba información eran as seguintes:

SEGURIDADE VIARIA

¿Cando prevé o Ministerio de Fomento ter concluída a redacción do proxecto de paso inferior e ligazón na estrada  N-525 en Ribela, Coles (Ourense)?

O 3 de xullo o Goberno responde: “O proxecto de trazado "Mellora da seguridade viaria na intersección de Ribela. Construción dunha ligazón e reordenación de accesos na  N-525  PK. 244+368. Termo municipal de Coles, Provincia de Ourense" está en fase de redacción e o seu trazado deberá someterse a Información Pública. Unha vez sometida a Información Pública e aprobado o proxecto de trazado se  iniciará a redacción do proxecto de construcción”

Comentarios: Tras o remate a finais de novembro de 2016 das obras de rehabilitación de firme incluíndo sinalización e balizamento, a seguridade da  N-525 en Coles mellorou notablemente.

Pero quedará moito máis garantida esta seguridade cando se constrúa ese paso inferior e ligazón de Ribela. Lembremos que en marzo de 2017 foi dada polo Ministerio a orde de estudio previa a redacción deste proxecto. Consideramos que xa transcorreu tempo máis que suficiente para que o proxecto estivese redactado e por iso reclamaremos  novamente ao Ministerio a súa axilización. E lembrar que nos  PGE de 2018, elaborados polo Goberno do PP, e agora prorrogados existe unha partida de 0,500  M€ para este fin.

¿Cando van ser adxudicadas polo Ministerio de Fomento as obras de seguridade viaria consistentes en paseos peonís na travesía de  Razamonde ( N-120) PP. kK. 587,200 a 599,100 en Cenlle (Ourense)?

O 3 de xullo o Goberno responde: A licitación das obras de construción de paseos peonís na N-120 P. K. 587,200 ao 588,010 ambas as marxes e travesía de Razamonde. Termo municipal de Cenlle. Provincia de Ourense publicouse na Plataforma de Contratación do Sector Público o 16 de xaneiro de 2019 cun orzamento basee de licitación de 260.202,76 euros. Se continua co procedemento co obxecto de adxudicar e formalizar o correspondente contrato"


Comentarios: Esperamos a súa pronta adxudicación debido a que a apertura de ofertas tivo lugar o 9 de maio. Nos PGE de 2018, elaborados polo PP e que están prorrogados esta actuación ten unha consiganción de 0,26 M€.

¿En qué situación atópase o proxecto de mellora da intersección do acceso ao cámping de  Untes, desde a estrada  N-120  pk. 578,175 en Ourense?

O 3 de xullo o Goberno responde:” En relación coa información solicitada, cabe sinalar  que o proxecto de mellora da intersección existente no  pk. 579,175 da  N-120 continúa en redacción.

Nesta estrada, en 2018 priorizáronse obras de rehabilitación de firmes e en 2019, entre outras actuacións, prevese o  repintado de marcas viarias en varios tramos e a construción de paseos peonís no termo municipal de Cenlle en Ourense. No tramo referido, o Ministerio de Fomento xa dispuxo en 2014 sendas peonís para mellorar a seguridade dos usuarios. así mesmo, cabe informar que en 2018 investíronse en Ourense 12 millóns de euros en actuacións de conservación e mellora da seguridade viaria na Rede de estradas do Estado"

Comentarios: A resposta non é nada satisfactoria. Xa en 2016 desde a Dirección Xeral de Estradas informábannos que o proxecto - que tivo nos  PGE dese ano unha partida de 50.000 €- estaba redactado e que se atopaba pendente de supervisión para a súa aprobación. O que procede é axilizalo e así o esixiremos novamente.

¿Cando prevé o Ministerio de Fomento ter concluida a redacción do proxecto de trazado para a implantación de carrís de adiantamento na estrada  N-120 entre os PP. KK. 548,800 e 568,00?

O 3 de xullo o Goberno responde:” O proxecto de trazado "Mellora da seguridade viaria na  N-120. Implantación de carrís entre os  PPKK 548+800 e 564+000" está en fase de redacción e o seu trazado deberá someterse a Información Pública. Unha vez aprobados a Información pública e o proxecto de trazado iniciarase a redacción do proxecto construtivo"

Comentarios: Na etapa de Goberno do PP ordenouse a redacción dun proxecto de trazado destes carrís entre Ourense e Os Peares que viñesen a solucionar os problemas que xeran as liñas contínuas que impiden os adiantamentos durante máis de vinte e dous quilómetros. Imos reclamar novamente que se acelere a redacción deste proxecto.

¿Cando prevé o Ministerio de Fomento ter concluída a redacción do proxecto de mellora de seguridade viaria. Construción de ligazón e reordenación de accesos na estrada  N-120, Vilamartín de Valdeorras (Ourense)?

O 3 de xullo o Goberno responde:” En relación coa información solicitada, cabe sinalar  que o proxecto de trazado “Construción de ligazón e reordenación de accesos na estrada  N-120, Vilamartín de Valdeorras está en redacción. O próximo trámite corresponderase coa súa aprobación provisional e  incoacción do correspondente expediente de Información Pública.
                                                                        
Na estrada  N-120 ao seu paso pola provincia de Ourense están a priorizarse as actuacións de melloras de firmes e seguridade viario, como a conexión entre as estradas  N-120 e  N-536 (tramo Sobradelo- O Barco de Valdeorras), construción de paseos peonís en ambas as marxes da travesía de  Razamonde (TM de Cenlle) e rehabilitación de firme e  repintado de marcas viarias en varios tramos. Así cabe informar que en 2018 investíronse  en Ourense 12 millóns de euros en actuacións de conservación e mellora da seguridade viaria na Rede de Estradas do Estado"

REPARACIÓN DE FIRMES

¿En qué situación atópase o proxecto de reparación de firme na autovía A-52 entre os PP. KK. 176,000 e 236,300, calzada dereita, na provincia de Ourense?



O 3 de xullo o Goberno responde:” En relación co asunto interesado, sinálase que o proxecto de construción "Reparación do firme na A-52 entre os  PPKK 176+000 e 236+300 Provincia de Ourense" está en redacción”

Comentarios: A Autovía das Rías Baixas A-52 é a vía principal de comunicación de Galicia coa Meseta, é transitada diariamente por un inxente número de vehículos lixeiros e pesados e precisa dun constante mantemento do seu firme que tamén na provincia de Ourense precisa de reparacións efectivas.

 É urxente terminar de  redactar este proxecto que está valorado en seis millóns de euros.


¿En qué situación atópase o proxecto de rehabilitación de firme nas estradas:  N-120, entre os PP. KK. 437,450 e 472,800 e na  N-536 entre os PP. KK. 34,300 e 59,200, nos termos municipais de  Rubía, O Barco de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras, Vilamartín de Valdeorras, A Rúa de Valdeorras e Larouco (Ourense)?

O 3 de xullo o Goberno responde:” En relación co asunto interesado, sinálase que o proxecto de construción "Rehabilitación de firme nas estradas N-120 entre os PPKK 437+450 y 472+800 y na N-536 entre os PPKK 34+300 e 59+200 foi aprobado o 13 de maio de 2019”

Comentarios: A importante comarca de Valdeorras precisa con urxencia que se liciten as obras de rehabilitación destas dúas estradas, para as que hai consignación nos  PGE de 2018 actualmente prorrogados.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta.




Con la tecnología de Blogger.