Elixido Vicepresidente segundo da Comisión de Fomento


Hoxe constituíronse as Comisións da XIII Lexislatura

Entre elas as de Fomento, Política Territorial e Regulamento, das que formo parte.

Están compostas por 43 deputados, distribuídas por grupos de modo que as súas votacións respondan o peso de cada un dos grupos parlamentarios no Hemiciclo.

Fun elixido Vicepresidente segundo da Comisión de Fomento, que nesta ocasión presidirá o deputado socialista por Valladolid José Javier Izquierdo Roncero.

Noelia Vera (Unidas Podemos), exercerá de vicepresidenta primeira; Montserrat García (PSOE) e Carlos Hermoso (Cs) como secretarias primeira e segundo, respectivamente.

A elección da Mesa tivo lugar por asentimento, a pesar de manifestar  Vox a súa desconformidade pola ausencia de "proporcionalidade" na repartición de postos, ao quedar excluído do mesmo.


Izquierdo nunha breve intervención expresou que esta "unanimidade é unha maneira extraordinaria de comezar cos traballos desta Comisión" e dixo que "o seu despacho terá as portas abertas para todos e pediu desculpas de antemán polos erros que puidese cometer".


Rematou dicindo:"Aínda que teño a inestimable sorte de poder contar co anterior presidente. Seguro que algunhas cousas da experiencia pasada seranos moi útiles a todos os que empezamos".

Agradezo estas xenerosas palabras do Sr. Izquierdo co que pretendo colaborar lealmente.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta



Con la tecnología de Blogger.