Agardando á proposta e elección do presidente do Goberno


Unha vez celebrada a sesión constitutiva, o pasado día 21 de maio, os deputados xa podemos empezar a exercer algunhas das nosas funcións parlamentarias, por exemplo, presentar preguntas e proposicións de lei, sempre que teñan a firma doutros catorce parlamentarios, outras funcións só poden ser exercidas polos grupos parlamentarios ou coa firma do seu portavoz, como a presentación de mocións e proposicións non de lei; ou a presentación de emendas a iniciativas lexislativas.  

A conformación dos grupos parlamentarios é indispensable, ademais, para empezar a organizar os medios persoais e materiais para que os deputados poidan empezar a desenvolver as súas tarefas. 

Proposta e elección do presidente do Goberno  

En paralelo ao proceso de conformación de grupos parlamentarios, e unha vez que a presidenta do Congreso comunicou ao Rey a constitución da Cámara, o xefe de Estado, Felipe VI, iniciará unha rolda de contactos cos representantes que designe cada unha desas formacións políticas co fin de propoñer ao Congreso dos Deputados, a través do seu presidente, un candidato á Presidencia do Goberno. 

O xefe do Estado reunirase cos representantes das distintas formacións. Unha vez celebradas estas reunións, e presentada a proposta para a Presidencia do Goberno por parte do Rey a través da Presidencia do Congreso, para o que a Constitución non establece ningún prazo máximo,  Meritxell  Batet fixaría a data para celebrar a sesión de investidura, outro dos momentos máis relevantes do inicio da nova lexislatura.  

Nesta sesión, prevista no artigo 99 da Constitución e regulado nos artigos 170 a 172 do Regulamento do Congreso dos Deputados, o candidato a presidente do Goberno expón ante a Cámara o programa do Goberno que pretende formar e solicita ao Congreso a confianza para facelo, e os representantes dos distintos grupos parlamentarios expoñen a súa posición. 

Finalizado o debate, realízase a primeira votación, na que o candidato necesita o apoio da maioría absoluta da Cámara, é dicir, a metade máis un 176 deputados, para ser elixido presidente do Goberno. Se non a obtén, realizarase unha nova votación pasadas 48 horas, e o candidato será investido presidente se obtén maioría simple, máis votos a favor que en contra. 

No caso de que a Cámara non outorgase a confianza ao candidato, o Rey volvería presentar outra candidatura polo mesmo procedemento, e repetiríase a fórmula do debate de investidura. Se pasados dous meses desde a primeira votación ningún dos candidatos propostos é elixido, teríanse que convocar novas eleccións. Neste caso sería o presidente do Congreso o que sometese á forma do Rey o Decreto de disolución das Cortes Xerais e de convocatoria de eleccións xerais.  

Solemne apertura  

Elixido o presidente do Goberno é este o encargado de propoñer ao Rey o nomeamento do resto dos membros do Executivo, e é a partir dese momento cando, segundo os costumes parlamentarios, celébrase a Solemne Sesión de Apertura da Lexislatura. 

Trátase dunha sesión conxunta das Cortes Xerais, que reúne aos membros da Mesa e aos parlamentarios de ambas as Cámaras, baixo a Presidencia do presidente do Congreso, e na que intervén xefe do Estado.  

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.