Comeza a sétima tempada dos Trens Turísticos de Galicia

Comeza hoxe 1 de xuño e ata o próximo 26 de outubro,  a sétima tempada dos Trens Turísticos de Galicia froito da colaboración que veñen mantendo desde 2013 Renfe, a Consellería de Cultura e Turismo e o Instituto  Ourensán de  Desenvolvemento Económico (Inorde).

Informa Renfe na súa web que: “Serán 57 saídas con 12 percorridos temáticos pola comunidade dos cales seis transcorren pola provincia de Ourense destino destacado: Ribeira Sacra Sil, Valdeorras-Ribeira Sacra, O Ribeiro-Rías Baixas, Monterrei,  Mosteiros, Ourense Termal e  Versalles  Galego.

Os datos de ocupación da pasada edición avalan o éxito deste produto xa que o ano pasado rozou o 93%, o que supuxo un 6,3 % máis que en 2017; o mellor dato rexistrado desde a súa estrea.

 Tempada 2019

Como novidade este ano incorpórase un novo itinerario, o Roteiro polos Camiños de Santiago que se resume nun percorrido pola Peregrinación, a historia e o patrimonio no Camiño do Norte, así como a visita aos mosteiros de Sobrado dos Monxes e Samos.

O resto de roteiros ofrecen ao turista, visitas guiadas e acompañamentos por 45 euros (con descontos, ademais, do 15 por cento para grupos de 10 ou máis adultos e 20 euros para os nenos de 4 a 13 anos, inclusive), percorrendo os encantos visuais e gastronómicos, arquitectónicos e paisaxísticos da xeografía galega que se adaptan ás preferencias do visitante que quere gozar dun día diferente a bordo do tren:

Tren do Roteiro dos Faros, impresionantes vistas incluíndo  o punto máis setentrional da Península.

Tren do Roteiro polos Pazos e Xardíns Históricos, magníficas edificacións e xardíns cheos de romanticismo.

Tren do Viño Rías Baixas, territorio de fértiles vales e fecundos viñedos.

Tren do Viño Ribeira Sacra (Río Miño), vides e tradición nas ribeiras do río Miño.

Tren do Viño Ribeira Sacra (Río Sil), a maxia do canón do Sil.

Tren do Viño Monterrei, abundante patrimonio bañado polas cores do viño.

Tren do Viño Ribeiro-Rías Baixas, tradición e historia combinando dúas denominacións de orixe.

Tren do Viño Ribeira Sacra e de Valdeorras, paraxes de santuarios, natureza única e adegas milenarias.

Tren do Roteiro da Lamprea, A máis exquisita gastronomía galega, con deliciosos produtos da terra e o mar.

Tren Ourense Termal e  Versalles Gallego, a beleza do Pazo de Oca unida ao patrimonio de Ourense e as súas Termas.

Tren do Roteiro dos Mosteiros, xardíns, templos e mosteiros, antes de relaxarse nun balneario.

Tren polos Camiños de Santiago: coas visitas aos mosteiros de Sobrado dos Monxes e Samos."

Os Trens Turísticos de Galicia ofrecen rutas que inclúen viaxes en tren, visitas guiadas e traslados en autobús e teñen un prezo por ruta de 45 euros para adultos (con descontos do 15% para grupos de 10 ou máis adultos) e 20 euros para os nenos. Os billetes pódense adquirir a través da web de Renfe e, como novidade, tamén se habilitou este ano un punto físico de venta de billetes na oficina de Renfe instalada en San Martiño Pinario. Amais, pódese atopar toda a información na web de Turismo de Galicia.

A provincia de Ourense acapara 7 das 12 rutas da sétima edición dos Trens Turísticos de Galicia
Desde o tren á beira do Río Sil

Ourense é o principal destino deste programa turístico ao acaparar un gran número de rutas que, ademais de ofrecer a posibilidade de coñecer a cidade das Burgas co tren Ourense Termal e Versalles galego, visitan as catro Denominacións de Orixe dos viños da provincia coas dúas rutas dedicadas ao Viño Ribeira Sacra –en ámbolos dous ríos, Sil e Miño (esta ruta sae da estación de Ourense)–, a de Monterrei, a do Ribeiro-Rías Baixas e a de Valdeorras-Ribeira Sacra. Ademais, o itinerario dos Mosteiros inclúe visita ao templo de Veracruz, ao mosteiro de Oseira e ao balneario Caldas de Partovia. Esta ruta, tras o éxito do ano pasado co 100% de ocupación, duplicará as súas saídas nesta edición.



https://www.turismo.gal/tebascms/filestore/1/6/8/7/0_6a90d171af4c1c3/16870_84d22f8aa085eb5.pdf

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta



Con la tecnología de Blogger.