Sobre as vantaxes de Galicia, de acurtar os prazos de tramitación das iniciativas empresariais consideradas como prioritarias, e de ofrecer bonificacións fiscais ás empresas que se instalen en chan industrial galego


Nestes días varios medios de comunicación galegos están a abordar en reportaxes o importante apoio que no norte de Portugal reciben as empresas para a súa implantación: oferta de gran cantidade de chan industrial barato, áxil tramitación  e soldos baixos, etc. E en consecuencia trasladan a preocupación de que empresas galegas se  deslocalicen ou que novos investimentos en lugar de chegar á nosa Comunidade váianse ao país veciño.


Mentres aquí, na nosa Comunidade a Lei de implantación empresarial busca afianzar a Galicia como unha terra de oportunidades, potenciando a captación de investimentos e a creación de emprego de calidade: máis simplificación administrativa; máis facilidades para acceder ao solo empresarial, promovendo a construción de polígonos á carta, en función das necesidades reais das empresas; e máis incentivos fiscais ás empresas.

Ano e medio despois da súa entrada en vigor, esta filosofía da Xunta de Galicia de ser unha administración facilitadora ten permitido que: Galicia conte con 122 Concellos Emprendedores que favorecen a captación de investimentos, Galicia reduza á metade os prazos de tramitación para as Iniciativas Empresariais Prioritarias (1M€ de investimento e/ou 20 empregos).  E ten contribuído a que en Galicia se estean executando nestes momentos máis de 2.000 M€ de investimentos no sector industrial (PSA, Benteler, Finsa, Televés, Albo ou Estrella Galicia, entre outros).


En todo caso, e aínda que a Xunta non ten capacidade para intervir na compra venda de naves industriais nin nos prezos, cómpre lembrar que desde o ano 2015 o Goberno galego, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo e de Xestur, pon a disposición das empresas solo industrial a prezos bonificados, con descontos que oscilan entre o 30 e o 50%, dependendo do concello no que estea o polígono. 


Na mesma liña, a partir do ano 2016 ofreceuse tamén a posibilidade de adxudicación de solo en forma de dereito de superficie,unha modalidade que lle permite ás empresas acceder a novas parcelas mediante o pago dun canon anual moi reducido por metro cadrado. 

O resultado de ambas medidas foi a reactivación das adxudicacións de solo empresarial nos parques dependentes da Xunta, cun balance de máis de 1,45 millóns de metros cadrados asignados entre 2015 e 2018. 

Na actualidade, existen máis de 1,2 millóns de metros cadrados de solo empresarial á venda, por parte de Xestur e do IGVS.

Ademais, a Xunta está actuando para poñer a curto prazo máis solo dispoñible, como é o caso dos polígonos de Morás, da Plisan e do de Xinzo de Limia.

Orde de mellora de infraestruturas de parques empresariais
Hai poucos días a Consellería de Economía, Emprego e Industria  resolveu a Orde de mellora de infraestruturas de parques empresariais que achegará 1,1M€ para a execución de 15 proxectos que permitirán impulsar as infraestruturas de 12 polígonos de 11 concellos da provincia de Ourense, dos que 7 eran Concellos Emprendedores no momento de realizar a solicitude, o que lles deu prioridade na concesión das axudas.
Do total de proxectos aprobados na provincia de Ourense, a maioría (8) terá como obxectivo mellorar as infraestruturas viarias dos polígonos, aínda que tamén se desenvolverán iniciativas para a instalación de sistemas de seguridade e vixilancia (4), e para plantas de depuración de auga, mellora do saneamento e tratamentos das augas pluviais (3).


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.