Onte coñecíamos uns datos feitos públicos polo Instituto Nacional de
Estatística (INE) que revelan que a demanda turística de Galicia medrou por
riba da media española nos catro primeiros meses ao crecer un 5%, mentres que
no resto de España a evolución non chegou ao 1%.
Informa
a Xunta na súa web que “Neste tempo chegaron á Comunidade galega máis de 1
millón de viaxeiros que realizaron máis de 2 millóns de noites nos
establecementos de aloxamento regrado, o que se traduce na xeración de algo
máis de 31.000 viaxeiros que hai un ano e preto de 94.000 noites máis que nas
mesmas datas de 2018. Medra tanto o turismo nacional como o estranxeiro,
destacando de xeito especial este último que logra superar nun 11% a cifra de
viaxeiros aloxados e case nun 13% o volume de noites. O turismo estranxeiro
acumula así cinco anos consecutivos de mellora nos primeiros meses do ano
acadando este 2019 un máximo histórico con preto de 425.000 noites.
A
positiva evolución turística rexistrouse en todas as tipoloxías de aloxamento
regrado, desde hoteis e pensións ata apartamentos turísticos, cámpings e
establecementos de turismo rural. Neste último caso, o incremento da demanda
turística roldou o 7%. Constátase tamén a tendencia dos últimos anos na que os
viaxeiros deciden permanecer cada vez máis tempo en Galicia. Así, a estadía
media increméntase un 1,8%, acumulando así tres anos de mellora e rexistrando a
cifra máis elevada dos últimos cinco anos.
Máis
calidade e rendibilidade
Todas
estas cifras permitiron, ademais, que o sector hoteleiro galego tamén rexistre
un bo balance desde o punto de vista económico, xa que as tarifas hoteleiras
medraron case dous puntos porcentuais e rexistráronse os niveis de
rendibilidade –medidos polo RevPAR ou ingreso por habitación dispoñible– máis
altos da década, cun incremento do 7%.
Esta
salientable evolución do turismo en Galicia ten lugar nos primeiros meses do
ano, unha época na que a Consellería de Cultura e Turismo, da man do sector,
desenvolvendo diferentes iniciativas tanto de promoción como de creación de
produto, con experiencias turísticas que están a captar a atención dos
visitantes fóra da tempada estival e dando así resposta ao compromiso do
Goberno galego pola desestacionalización.”
Recibirá resposta