viernes, 31 de mayo de 2019

Os deputados ourensáns do PP no Congreso presentan 46 preguntas ao goberno sobre o investimento en infraestruturas na provincia


Onte, tan só nove días despois do comezo formal da nova Lexislatura das Cortes Xerais - o 21 de maio - os deputados electos do Partido Popular por Ourense, Celso Delgado Arce e Ana Vázquez Blanco, rexistramos as primeiras iniciativas parlamentarias.

 En concreto, 46 preguntas ao Goberno que deberán ser respondidas por escrito e nas que interesámonos pola situación de diversos proxectos de infraestruturas e transporte na provincia.

As cuestións formuladas e sobre as que se solicita información son as seguintes:

Estradas

Variante de Ourense (Eirasvedras-Quintela). Data na que se finalizou a  auditoría de seguridade viaria e se está culminada a redacción do proxecto, así como en que data do presente ano licitaranse as obras.

Variante de Ourense (ligazón de Quintela- ligazón da Casilla): pregunta ao Ministerio de Fomento sobre si concluíu a redacción do proxecto.

Autovía A-56 (Ourense-Lugo): situación en que se atopa a  re-dacción dos proxectos dos tramos Ourense-Cambeo e Cambeo-San Martiño; grao de execución do tramo  San Martiño-A Barrela e a data do ano 2019 que manexa o Ministerio de Fomento para poñer en servizo este tramo de 9,8  Km de lonxitude.

Circunvalación do Barco: sobre a previsión da data de adxudicación e formalización do contrato de obras para a construción desta estrada de conexión entre a N-120 e N-536 entre,  Sobradelo e O Barco de Valdeorras.

Autovía A-76 (Ourense-Ponferrada): sobre se cumpriu o Ministerio de Fomento o compromiso de que en maio de 2019 estaría finalizada a redacción do proxecto construtivo do tramo A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras e se licitará en 2019 as obras deste tramo.

Os deputados tamén demandaron información sobre a previsión para concluír a redacción do proxecto construtivo do tramo entre  Villamartín de la Abadía-Requejo e se licitará en 2019 as obras deste tramo leonés, así como as previsións relativas a outros tramos da A-76 (Requejo-A Veiga de  Cascallá; Monforte de Lemos/Este-Babela; Arcos-A Rúa-O Barco de Valdeorras)

• No tocante a outros proxectos, preguntaron tamén sobre a situación do proxecto de construción da ligazón da estrada N-120 na Rúa e do proxecto de mellora da intersección do acceso ao cámping de Untes, desde a estrada N-120; a adxudicación das obras de seguridade viaria, consistentes en paseos peonís, na travesía de  Razamonde (N-120); a conclusión da redacción do proxecto de paso inferior e ligazón na estrada  N-525 en Ribela (Coles); o proxecto de trazado para a implantación de carrís de  adiantamento na estrada  N-120 (entre os quilómetros 548,800 e 568,00); a construción de ligazón e reordenación de accesos na estrada N-120, en Vilamartín de Valdeorras.

Ferrocarril

• LAV Madrid-Galicia: actuacións realizadas dentro da fase de probas do tramo finalizado de alta velocidade entre Zamora e Pedralba de la Pradería; grao de cumprimento do cronograma das obras entre Pedralba de la Pradería e Ourense; estado de execución das obras no tramo  Portocamba-Cerdedelo, e moi especialmente no referente aos viadutos de As Teixeiras; o estado do proxecto da base de montaxe da Mezquita e de Meamán; estado dos proxectos de montaxe de vía entre  Pedralba-Campobecerros e  Campobecerros-Taboadela.

E sobre o estado das obras de construción da estación “Porta de Galicia”, na Gudiña, adxudicadas por ADIF-AV en marzo de 2019.

Accesos da  LAV a Ourense: balance que realiza  Adif-AV  das obras realizadas desde o 8 ao 26 de maio na liña de ancho convencional Zamora-Ourense, e que obrigaron a interromper o tráfico ferroviario, debido ás obras de construción da  LAV en varios puntos, especialmente no tramo Taboadela-Ourense.

Sobre as Previsións do Ministerio de Fomento para licitar as obras correspondentes á variante exterior entre Taboadela-Seixalbo, cumprindo así cos compromisos para avanzar nesta conexión.

Estación de Ourense: se Adif AV está a seguir todos os pasos  administrativos e técnicos necesarios para desenvolver e executar a nova estación intermodal de Ourense e cumprir co cronograma establecido; data que manexa ADIF-AV para que comecen as obras do novo aparcamento; estado dos traballos de remodelación de vías e plataformas da estación de Ourense que teñen como obxectivo adaptar a terminal aos novos servizos de alta velocidade; o estado administrativo do "Estudo Informativo do Proxecto Nova Estación Intermodal de Ourense", aprobado provisionalmente o 7 de setembro de 2018  pola Secretaría Xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento.

• Conexión ferroviaria entre Ourense-Monforte de Lemos-Lugo: previsión de ADIF para concluír a redacción do proxecto de renovación total deste tramo ferroviario; proxectos de supresión de 36 pasos a nivel e sobre a situación actual da electrificación da citada liña ferroviaria.

• Movemento de viaxeiros: datos que obran en poder de RENFE  correspondentes aos cinco primeiros meses do ano 2019, referentes ao número de viaxeiros da relación diúrna Madrid-Galicia, dos servizos punto a punto entre Madrid-Ourense, e dos servizos  AVANT entre Ourense-Santiago-A Coruña e a súa comparativa co mesmo período do ano anterior.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta